O Festival do Norte ameaza con deixar Vilagarcía
novembro 30, 2012
O Concello de Vilagarcía non incluíu este ano o Festival do Norte na súa lista de subvencións directas. Segundo o concelleiro de Cultura, Francisco González, a intencion do consistorio é coñecer polo miúdo os proxectos da organización do evento antes de consignar unha contía concreta, no lugar de outorgarlle unha subvención previa fechada e nominativa. Os responsables do evento, unha das citas musicais de referencia do verán galego, anunciaron que de perderen o apoio económico do concello, trasladarían o festival. O evento xa víu diminuír en preto dun 50% a achega municipal na súa última edición.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 4/ 2013 | O Festival do Norte volta a Vilagarcía os días 17 e 18 de maio
- 26/ 2/ 2008 | TAB, Franc3s e The Blows tocarán no Festival do Norte
- 15/ 1/ 2008 | O Festival do Norte anuncia seis actuacións confirmadas do seu cartel
- 26/ 5/ 2006 | Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient
- 12/ 5/ 2006 | O Festival do Norte en Vilagarcía, o Festitom e o Festival Em Movimento inician a axenda de eventos musicais