Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Chaikovski centra a programación da Orquestra Sinfónia para a temporada

É A úLTIMA XEIRA DA FORMACIóN CON VíCTOR PABLO PéREZ á FRONTE

Chaikovski centra a programación da Orquestra Sinfónia para a temporada

CLáSICA/LíRICA | maio 30, 2012

imaxe non dispoñible

As sete sinfonías, un concerto para violín, tres para piano e unha selección de pezas sinfónicas de Chaikovski revelan a importancia que terá este compositor na temporada 2012-2013 da Osquestra Sinfónica de Galicia. A formación presentaba onte o seu programa para este período, que será o último no que contará coa dirección de Víctor Pablo Pérez á fronte. Entre as novidades destaca a celebración dun Ciclo de Cámara e Lied no que a OSG colaborará coas sociedades filarmónicas de Lugo, Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ferrol.

No conxunto, o programa inclúe máis de medio cento de actuacións orquestrais, das que a metade aproximadamente serán novidades no repertorio da formación. Entre estas, destacan as estreas de Wladimir Rosinskij, Federico Mosquera, Eligio Vila, Fernando Buide e mais a obra que gañe o Consurso Andrés Gaos da Deputación da Coruña.