Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia aposta por Shostakóvich para a súa nova temporada
A Sinfónica de Galicia aposta por Shostakóvich para a súa nova temporada
xuño 15, 2018
A música rusa, e en particular Shostakóvich centrarán a programación da Orquestra Sinfónica de Galicia para a temporada 2018/2019. A formación presentaba onte a súa programación, na que inclúe cinco sinfonías deste compositor (nº 1, 6, 7, 11 y 12), canda a obras de Rachmáninov (Sinfonía nº 2, Conceerto para piano nº 3 e A illa dos mortos), Chaikovski, Lyadov, Stravinski e Gubaidulina. No programa inclúense tres estreas mundiais e dúas estreas en España ata un total de veinte novos títulos que se incorporarán ao repertorio da formación.
En total serán 24 concertos nos abonos dos venres, 11 para as sesións de sábado, e dous programas extraordinarios, un deles O Mesías da Fundación La Caixa e o outro un ciclo de oito concertos no Auditorio Mar de Vigo. Fóra da súa sede na Coruña, a OSG achegará outros doce concertos no resto do país, a incluír sete en Ferrol.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 4/ 5/ 2009 | A Sinfónica de Galicia amplía e innova o seu repertorio na vindeira temporada musical
- 19/ 10/ 2007 | A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América