Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América
A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América
outubro 19, 2007
Entre a xira por Sudamérica e as citas pendentes en Alemaña, a Orquestra Sinfónica de Galicia aterra na Coruña para ofrecer o primeiro concerto da temporada. Faino no seu recinto habitual, Pazo da Ópera da Coruña (20:30 horas) co pianista ruso Arcadi Volodos como principal reclamo. Ábrese así a temporada na que a formación coruñesa interpretará a integral das sinfonías de Beethoven e que achegará a Natalie Stutzman, Alexei Volodin, ou Libos Pesek.
Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia e na nosa hemeroteca sobre a formación
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 23/ 8/ 2013 | Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
- 26/ 9/ 2008 | Música sacra inaugura na Catedral de Santiago a temporada da Real Filharmonía
- 6/ 3/ 2008 | Comeza a xira do musical “Galleciae” que mestura tradición galega coa sinfónica