Ti estás aquí > Inicio / / Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
Víctor Pablo Pérez ofrece hoxe o seu derradeiro concerto á fronte da Sinfónica de Galicia
agosto 23, 2013
Con programa de Mahler, Bruckner e Strauss, coa presenza de Ainhoa Arteta e dirixindo á Orquestra Sinfónica de Galicia. Así se despide esta noite Víctor Pablo Pérez do público coruñés. É o seu derradeiro concerto á fronte do proxecto da Orquestra Sinfonica de Galicia que dirixiu durante vinte anos. Deixa no cargo a ruso Dima Slobodeniouk que debutou onte en María Pita no marco dos dous concertos cos que se abre a temporada de abono 2013-2014. No primeiro concerto, a Sinfónica de Galicia contou coa participación do gaiteiro Carlos Núñez.
Este ano, a programación da temporada de concertos poderase seguir tamén a través da App da formación (para dispositivos iOS e Android) que ofrece acceso inmediato a todos os vídeos da OSG en YouTube así como á música en streaming de algunhas das recentes gravacións realizadas nos concertos en directo.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 11/ 2014 | Víctor Aparicio versiona cancións De pueblo y de río
- 13/ 2/ 2013 | Dima Slobodeniouk é o novo director musical da OSG ata 2016
- 30/ 5/ 2012 | Chaikovski centra a programación da Orquestra Sinfónia para a temporada
- 14/ 5/ 2012 | A Sinfónica de Galicia celebra os seus 20 anos no Festival Mozart
- 23/ 12/ 2011 | A Sinfónica infantil de Nigrán ofrece un concerto para pedir o apoio do concello