Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chega o disco de O Sonoro Maxín

O GRUPO INICIA A XIRA DE A ONDA SONORA (CHEGA DO INTERIOR)

Chega o disco de O Sonoro Maxín

FUSIóN | abril 25, 2012

O_Sonoro_Maxin_onda_sonora_capa.jpg

Logo de cinco anos de traballo en escenarios e obras colectivas, o grupo O Sonoro Maxín lanza o seu debut discográfico. A onda sonora (chega do interior) presentouse o pasado 14 de abril no Café Cultural Auriense da cidade das burgas e achega 13 temas cunha boa dose de cumbia e ritmos como vallenatos ou rancheras. Canda a cancións habituais dos seus directos, o grupo achega un feixe de obras compostas para a ocasión. O traballo, autoeditado, foi producido por Kaki Arkarazo e gravouse entre os seus estudios de Andoain e mais en Tooma Recordings, de Ourense. A obra está dispoñible integramente para a descarga no web do grupo, para alén de contar cunha edición en CD con imaxe de David Rubín.

O Sonoro Maxín continúa agora unha intensa xira que ten no Porriño (28 de abril) en Bueu (29) as súas vindeiras paradas. O grupo prevé participar tamén na homenaxe aos Resentidos o vindeiro 12 de maio, no Festival de Cans e mais no festival Derrame Rock. Para os días 10 e 11 de xuño anuncian unha xira itinerante polos barrios de Ourense que dará a coñecer o seu traballo.

MULTIMEDIA
Catacumbia de O Sonoro Maxín
Catacumbia.mp3

Catacumbia, de O Sonoro Maxín
DOCUMENTO
datos do disco