Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Sonoro Maxín celebra dez anos de traballo con Setedezasete

DOUS CONCERTOS EN OURENSE ESTA FIN DE SEMANA BOTAN A ANDAR A XIRA DE PRESENTACIóN

O Sonoro Maxín celebra dez anos de traballo con Setedezasete

FUSIóN | abril 21, 2017

sete_dezasete_o_sonoro_maxin.jpg

Cando cumpren dez anos, e cunha candidatura aos Premios Martín Códax da Música, O Sonoro Maxín presenta o seu segundo álbum de estudio. Setedezasete conmemora esta década de traballo ao tempo que xoga co carácter de números primos das dúas cifras e lembra que estes "son os días de feira en Ourense". A banda continúa coa súa fusión de estilos na Galicia Tropical nos doce novos temas que ven a luz baixo o selo Inquendanzas Sonoras. Ská, cumbias, acordeóns, metais e guitarras eléctricas danse cita en cancións que queren poñer a bailar a todo o país. A banda inicia nesta mesma noite no Café Cultural Auriense unha intensa xira de presentación. A Cidade das Burgas acolle tamén o día 22 a segunda cita, desta volta no Café Cultural El Pueblo. Carballiño (28 de abril), Bueu (día 30), Pontevedra (5 de maio), Vilar de Santos (7 de maio) ou San Sadurniño (12 de maio) son as seguintes actuacións previstas. O disco está en libre descarga no propio web do grupo.

datos do disco