Sae ao mercado o disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto
decembro 5, 2007
O dobre disco no que máis de vinte bandas e artistas fan una homenaxe aos desaparecidos Diplomáticos de Monte-Alto xa está á venda na plataforma dixital Trastenda. Com e a partires da semana que ven estará nas tendas. “120 Capadores” (Falcatruada) presentouse oficialmente o pasado 2 de novembro en Chantada no marco da quinta edición do festival Castañazo Rock, no que se conmemorou de diversas formas o inicio do momento bravú en 1994. A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu impulsou este disco no que poden escoitarse as achegas dos míticos Rastreros de Chantada, os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto. No dobre disco “120 Capadores” atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 8/ 2014 | O Festival de Pardiñas cumpre 35 anos
- 18/ 1/ 2008 | Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"
- 2/ 11/ 2007 | A quinta edición do festival Castañazo Rock homenaxeará o Bravú
- 30/ 5/ 2006 | A discográfica Ouvirmos estrea co primeiro disco de Galegoz un selo dedicado a novos creadores
- 14/ 6/ 2005 | Os Diplomáticos emprenden a súa xira de despedida logo de quince anos de actividade