Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"

NOITE BRAVA

Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"

FUSIóN | xaneiro 18, 2008

imaxe non dispoñible

Os nostálxicos do bravú e os novos descubridores deste estilo teñen este sábado 19 unha cita no campus de Elviña da Universidade d'A Coruña dende as 20:30 horas: a posta en escena da homenaxe das bandas galegas aos Diplomáticos de Monte Alto plasmada no disco “120 Capadores” (falcatruada 07) preséntase ao público nun concerto con pretensións de grande foliada. A festa contará coa actriz Isabel Risco como mestra de cerimonias acompañada de Pulpiño Viascón e coas actuacións en directo do Leo i Arremecaghoná, Ruxe Ruxe, Lamatumbá e Ultracáns. O programa, porén, presenta moitas máis sorpresas.

Máis información en Komunikando