Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Pardiñas cumpre 35 anos

A QUENLLA, NIAMH NI CHARRA OU OS DIPLOMáTICOS ACTúAN ESTA FIN DE SEMANA NO ENCONTRO

O Festival de Pardiñas cumpre 35 anos

FOLK | agosto 1, 2014

imaxe non dispoñible

Cun obradoiro de batucada e o concurso de cantos de taberna esta tarde bota a andar a XXXV edición do Festival de Pardiñas, en Guitiriz. No entanto, será sábado e domingo cando se desenvolvan o groso das propostas deste veterano evento, con concertos a cargo de A Quenlla, os irlandeses Niamh ni Charra, Guauchos, Trapallada, Radio Cos, Electric Gozarella ou Os Diplomáticos de Monte Alto entre outros. Precisamente Os Diplomáticos realizarán unha charla sobre os vinte anos do Bravú. De xeito paralelo desenvolverase a XXI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e mais a XXXV Mostra de Artesanía.