Ti estás aquí > Inicio / / Caldas terá este ano unha nova edición do Cultura Quente
Caldas terá este ano unha nova edición do Cultura Quente
febreiro 7, 2012
Definiuse como un espazo aberto á interdisciplinaridade, con achegas de todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas. Por iso, o concello de Caldas acaba de asegurar a continuidade da décimo quinta edición do Festival Cultura Quente. Con todo, o alcalde asegura que terá “un profundo recorte” de fondos. Tal e como publica hoxe Diario de Pontevedra, sábese que a partida que destinará o concello ao festival baixará dos 132.000 euros de 2011 a uns 60.000 euros. Esa cifra condicionará o formato do festival, se será xestionado polo concello ou sacará a licitación da súa celebración (a produtora Esmerarte, era a organizadora do encontro desde 1998). “Serán menos grupos pero con actuacións os dous días” publica o citado medio que tamén explica cales son, para o alcalde local,os piares básicos: os concertos de rock, a exposición de arte efémera Kaldarte e a feira do albariño Mostra do Viño.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 4/ 2016 | O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira
- 13/ 4/ 2015 | O Cultura Quente dá a coñecer o cartel da súa edición de volta
- 23/ 2/ 2015 | Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015
- 18/ 3/ 2013 | O Derrame Rock fecha cartel mentres Cultura Quente fica sen concertos
- 24/ 6/ 2009 | New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas