Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas

A AUSENCIA DE PATROCINIOS PúBLICOS E PRIVADOS CONDICIONOU A ORGANIZACIóN DO EVENTO

New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas

MISCELáNEA | xuño 24, 2009

imaxe non dispoñible

O Festival Cultura Quente de Caldas celebrará este ano a súa duodécima edición condicionado baixo o sino da crise económica. A ausencia de patrocinadores sumada ao feito de que as axudas públicas solicitadas á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Ministerio de Exteriores levou á Produtora Esmerarte a reducir as expectativas desta cita musical, que con 113.000 euros máis IVE procedentes do Concello de Caldas presenta un cartel de 14 propostas musicais programadas consecutivamente nun só escenario. Así o venres 10 de xullo o cartel estará encabezado polos mítico New York Dolls e tamén actuarán Igloo, Arizona Baby, os franceses Kap Bambino, os belgas Vive la Fête e o produtor inglés Jeff Automatic. No sábado 11 actuarán na Carballeira de Caldas os británicos The Wedding Present, Lagartija Nick, Facto Delafé y Las Flores Azules, os franceses Atomic Garden, Zahara, os pontevedreses Delahoja e pecharán a noite Pin&Pon Djs.