Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura Quente presenta un programa con figuras internacionais no seu décimo aniversario

QUEIMADURA DE DéCIMO GRAO

Cultura Quente presenta un programa con figuras internacionais no seu décimo aniversario

MISCELáNEA | maio 14, 2007

not_9947.jpg

O festival de verán de Caldas Cultura Quente ven de presentar o cartel para a que será a súa décima edición os vindeiros días 13 e 14 de xullo. Ante a celebración de aniversario a organización quixo facer desta unha ocasión especial e presentou un cartel cheo de nomes de sona da escena internacional. As cabezas de cartel levan os nomes dos ingleses Asian Dub Foundation e Kula Shaker, o sueco Jay Jay Johanson, os franceses Fancy ou os británicos White Rose Movement tamén estarán en Caldas entre outros. A música galega estará representada polos grupos The Ellas, GalegoZ, Ectoplasma, Dismal, Elodio y Los Seres queridos e algúns picadiscos. Todas as actuacións serán de balde.

Máis información en La Voz de Galicia