Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015

O FESTIVAL CANDELORIA CELEBRA A SúA SEGUNDA EDICIóN EN LUGO

Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015

MISCELáNEA | febreiro 23, 2015

imaxe non dispoñible

Logo de tres edicións sen música, o festival Cultura Quente de Caldas voltará a ter concertos na súa edición de verán de 2015. O alcalde e a concelleira de Cultura da vila anunciaron o pasado sábado a volta á música da que fora unha das citas máis coñecidas do panorama independente en Galicia. O Concello prevé achegar 60.000 euros a este espectáculos, que coordinará a asociación Radio Caldas e que poderán contar con outras fontes de financiamento.

Antes da cita de Caldas, Lugo acolle estes 27 e 28 de febreiro o Candeloria, un evento que medra espectacularmente na súa segunda xeira e pasa de se celebra no pub Clavicémbalo a ocupar o Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. O evento contará coa presenza de grupos como Boikot, Nao, Terbutalina, Habeas Corpus, Ruxe Ruxe ou Sokram e inclúe tamén música na rúa, cantos de taberna ou xogos populares no seu programa.