Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Cultura Quente dá a coñecer o cartel da súa edición de volta

LOS SUAVES, ROSENDO, LA FUGA E NOVEDADES CARMINHA COMPOñEN A PROPOSTA DESTE 2015

O Cultura Quente dá a coñecer o cartel da súa edición de volta

MISCELáNEA | abril 13, 2015

imaxe non dispoñible

A xira de despedida de Los Suaves crúzase co retorno dos concertos ao festival Cultura Quente de Caldas de Reis. O vindeiro 20 de xuño celébrase a volta deste evento, que chegou a consolidarse como unha cita impresindible no panorama musical galego. Unha única xornada acollerá os recitais de Rosendo, La Fuga e Novedades Carminha ademais dos xa mencionados Los Suaves. As entradas están xa dispoñibles a un prezo de vinte euros en Ticketea.