Mutenrohi xirará co seu sétimo disco por Francia e Reino Unido
abril 8, 2008
A discográfica ourensá Zouma Records ven de presentar no seu catálogo de novidades o máis recente traballo do grupo Mutenrohi: Sete. Como o seu nome indica este é o sétimo disco da formación cando xa leva trece anos en activo en el presentan 11 novas cancións e dous temas gravados en directo nos que seguen a mesturar a tradición coa modernidade. Na gravación de Sete, nos estudios Desfase Sound, Mutenrohi puido contar coas colaboracións achegadas polo violinista de Wolfstone, Duncan Chisholm, a gaita de Cristina Pato, as voces de Eva Carreras e Laura Moure, a Banda de Gaitas de Cea, a frauta de Diego Fortes e Mcarballo na guitarra. A banda liderada por Xoan Carlos Fasero ten por diante un ano cheo de traballo no que estarán tocando no festival de Lorient, no Festival Celta de Isgneis e iniciarán xira polo Reino Unido. O disco preséntase este xoves, 10 de abril ás 11 horas na Livraría Torga (Rúa Paz) de Ourense.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 2/ 2008 | As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais
- 17/ 12/ 2007 | Desde o sur de Galicia ao sur dos Estados Unidos co primeiro disco de MCarballo
- 28/ 3/ 2007 | Zouma saca unha edición especial de disco e dvd da banda de Cristina Pato xunto con Mutenrohi
- 19/ 5/ 2006 | Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo
- 22/ 9/ 2005 | Mutenrohi celebra o décimo aniversario cun disco e DVD e Islabikini presenta o seu novo disco en Lugo