Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais

CONTACTO NA FEIRA

As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais

MISCELáNEA | febreiro 1, 2008

imaxe non dispoñible

Zouma Récords, a Fábrica de Chocolate e Falcatruada voltaron con acordos do Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical (Midem) que pechou onte en Cannes. Deste xeito, Zouma conseguiu un distribuidor do seu catálogo para Francia e acordou traballos de xestión e dirección neste mesmo país e no Reino Unido. Pola súa banda, La fábrica de Chocolate sentou as bases dunha estrutura ibérica e latinoamericana para a promoción dos seus artistas e a distribución do seu catálogo. Finalmente, Falcatruada realizou contactos para a distribución dixital do seu repertorio. En xeral, os participantes amosáronse contentos dos resultados que obtiveron neste encontro.