Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Desde o sur de Galicia ao sur dos Estados Unidos co primeiro disco de MCarballo
Desde o sur de Galicia ao sur dos Estados Unidos co primeiro disco de MCarballo
decembro 17, 2007
Zouma Records presenta o disco “On your pillow”, primeiro do músico ourensán Manuel Carballo (1967). O disco, asinado co nome artístico MCarballo, combina o blues, folk e country americanos nos seus 11 temas de composición propia nos que Carballo dá homenaxe aos seus músicos de referencia. Sete das cancións de “On your pillow, incluíndo a que dá nome ao disco, son en inglés e as restantes en castelán. O disco foi gravado nos estudios Desfase Sound coa produción e arranxos de Fasero, que tamén intervén musicalmente coa súa guitarra. As colaboracións musicais no CD inclúen aos outros compoñentes de Mutenrohi ao completo e a Fernando Calvo, de Los Suaves.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 1/ 2014 | Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco
- 5/ 10/ 2012 | Carlos Núñez presenta Discover cunha xira americana
- 9/ 3/ 2007 | O Concello de Santiago presenta o seu festival mentres un músico lalinense grava un disco na Coruña financiado polos Estados Unidos
- 10/ 9/ 2002 | Un ano despois do atentado do 11-S, Susana Seivane retoma a súa xira polos Estados Unidos