Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo
Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo
maio 19, 2006
Os composteláns Samesugas teñen xa listo o seu primeiro disco longo “Alá Vai!” (H Records). O disco mantén a esencia punk desta banda con seis anos de vida e máis dun cento de concertos ás costas. O disco está gravado nos estudios Bonham da Coruña e editado polo selo catalán H Records e preséntano nun concerto de conmemoración do cuarto aniversario do selo na Sala Capitol o xoves 1 de xuño. Aínda que é o primeiro disco longo, con catorce cancións, non é a primeira gravación do grupo que xa ten varios EP e un vinilo. O grupo presentará o seu traballo nunha xira que os levará polo resto da península e polo Reino Unido, Benelux e Escandinavia.
Máis información na edición diaria de Galicia Hoxe
Tamén che pode interesar:
- 17/ 6/ 2013 | Á sombra da oliveira é o novo de Tanxedoras
- 20/ 5/ 2013 | Banda Baile Asalto convida á festa
- 15/ 5/ 2013 | Pito de Pikasso volta con Arrock con chícharos
- 5/ 3/ 2013 | Niño y Pistola presentan There's a Man with a Gun Over There
- 23/ 7/ 2008 | O quinteto Som do Galpom publica o seu primeiro disco