O quinteto Som do Galpom publica o seu primeiro disco
xullo 23, 2008
O netlabel A Regueifa Plataforma ven de editar o primeiro EP dos composteláns SOM DO GALPOM, un quinteto de rap-funk formado hai tres anos na aldea d´A Moniña, unha formación que desde os seus comezos buscou apoiarse en tres estilos de música diferentes: o funky, o reggae e o rap. Neste tempo xa levan dado moitos concertos por toda a xeografía, acadaron o segundo premio no certame GZcrea 2007 e gañaron o IV Concurso Galego do Foundation Reggae Festival. Som do Galpom son Gael Bassave (voz e letras), Brais Bassave (violín e composición), Xurxo Climent (guitarras clásica e eléctrica), Jano Castro (baixo) e Aitor Garcia (batería). O disco, de seis temas, esta editado baixo licenza Creative Commons e pode ser descargado de balde.
Tamén che pode interesar:
- 16/ 3/ 2016 | Zoar debuta con No vento
- 28/ 11/ 2013 | Som do Galpom lanza a súa Galinha de Troia
- 17/ 3/ 2009 | Som do Galpóm: “No disco hai certas rarezas musicais nas que convén pararse un pouco e escoitalas ben”
- 5/ 9/ 2008 | Som do Galpom gaña o II Nsaio no Camiño
- 27/ 12/ 2006 | O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco