Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O quinteto Som do Galpom publica o seu primeiro disco

O GRUPO ACADOU O SEGUNDO PREMIO DO GZCREA 2007

O quinteto Som do Galpom publica o seu primeiro disco

FUSIóN | xullo 23, 2008

not_12693.jpg

O netlabel A Regueifa Plataforma ven de editar o primeiro EP dos composteláns SOM DO GALPOM, un quinteto de rap-funk formado hai tres anos na aldea d´A Moniña, unha formación que desde os seus comezos buscou apoiarse en tres estilos de música diferentes: o funky, o reggae e o rap. Neste tempo xa levan dado moitos concertos por toda a xeografía, acadaron o segundo premio no certame GZcrea 2007 e gañaron o IV Concurso Galego do Foundation Reggae Festival. Som do Galpom son Gael Bassave (voz e letras), Brais Bassave (violín e composición), Xurxo Climent (guitarras clásica e eléctrica), Jano Castro (baixo) e Aitor Garcia (batería). O disco, de seis temas, esta editado baixo licenza Creative Commons e pode ser descargado de balde.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Rota Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Afrika Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Xisco Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Rosa do deserto Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Na cama Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Dende A Moninha Licenza
datos do disco