UN CONCERTO NA SALA CAPITOL SERVIU DE PRESENTACIóN DO NOVO DISCO
Som do Galpom lanza a súa Galinha de Troia
novembro 28, 2013
Catro anos despois do seu último lanzamento, e logo dunha campaña de Crowdfunding, Som do Galpom presentaban esta mesma semana Galinha de Troia, o seu terceiro disco. O novo traballo da banda mantén a mestura de sons característica do grupo, cunha destacada presenza de hip hop e funk. A Sala Capitol acollía onte un concerto no que o conxunto estivo acompañado de Anfibia, Quico Cadaval e outros convidados.
MULTIMEDIA
A piques de estoupar en Som do Galpom
datos do disco