Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro
Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro
xuño 4, 2007
Son tempos de Do Barro. Se onte mesmo a Televisión Galega emitía a gala de homenaxe a Andrés do Barro, mañá chega ás tendas "Manifesto Dobarrista", un CD editado por Falcatruada. Baixo este título unha trintena de grupos galegos presentan cadansúa versión dun éxito deste pioneiro do pop en galego. Entre os participantes neste disco, grupos coma The Homen, Narf, Niño y Pistola Fanny + Alexander ou Projecto Mourente. De xeito paralelo, está xa na rede o web dobarrismo.com, que quer ser un punto de encontro para os admiradores deste artista.
Máis información no web de Falcatruada, en Dobarrismo.com, en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; trailer do documental O tren que me leva en AVG; o noso tema sobre Do Barro; escoita mostras dalgúns dos temas en Mega
Tamén che pode interesar:
- 25/ 6/ 2020 | Artistas do país homenaxean a Andrés do Barro cun vídeo colectivo
- 2/ 12/ 2016 | Eladio y Los Seres Queridos homenaxean á musica tradicional en Cantares
- 20/ 6/ 2016 | O sol dos Resentidos volve saír
- 29/ 12/ 2015 | Emilio Rúa lanza Querida alegría
- 13/ 3/ 2015 | The Lákazans presentan en concerto o seu primeiro disco Homegrown