Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Eladio y Los Seres Queridos homenaxean á musica tradicional en Cantares

A BANDA PRESENTARá O DISCO ESTE SáBADO EN CULTURGAL

Eladio y Los Seres Queridos homenaxean á musica tradicional en Cantares

POP | decembro 2, 2016

not_26909.jpg

Como unha particular homenaxe á música tradicional que escoitaban os seus pais e eles mesmos de cativos, Eladio y Los Seres Queridos presentan un disco novo Cantares (Esmerarte). O álbum confórmano dez temas seleccionados einterpretados desde os sons pop que van desde o Fonte do araño, de Emilio Cao ao Teño saudade de Andrés do Barro pasando por Marín por ti, Flor da murta, unha versión de A Bruxa de Milladorio, dúas versións das cancións de Fuxan os Ventos Cantiga de amigo e Meu amor é mariñeiro, Camariñas, Havemos de ir a Viana e Quen puidera namorala de Luis Emilio Batallán. Deste particular canto a Galicia a banda explica que facer este disco era unha “débeda” que tiñan "coas cancións da nosa infancia, un cariño para os nosos pais pero tamén para os nosos fillos, para que non as esquezan", din desde o grupo. Pero Cantares tamén é segundo Eladio y Los Seres Queridos “un disco para que os que non son galegos descubran parte do noso cancionero.”

A relación que a banda estableceu con estas cancións xa se foi notando durante a xira Orden Invisible na que ían incluíndo algunhas delas no repertorio ou incluíndo chiscadelas dentro de outras cancións. E disco gravouse ao longo do ano "sen presas nin obxectivos". Dous anos despois da publicación do anterior traballo: Orden Invisible (Esmerarte 2014), a banda viguesa presentará este sábado no marco do CULTURGAL en Pontevedra este disco que só estará dispoñible en formato dixital na tenda en liña do web da banda e que tamén interpretarán nos seus directos desde agora. Ademais, no CULTURGAL o grupo tocará algúns dos temas en directo ás 20.30 h, no Espazo Carpa. Dous dos temas, Fonte do araño e Marín por ti, xa podes escoitalos na súa canle de You Tube.



datos do disco