Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Eladio y Los Seres Queridos cociñan 'Historias de caza' con receita caseira

A BANDA SACA A VENDA O SEU QUINTO DISCO ESTES DíAS

Eladio y Los Seres Queridos cociñan 'Historias de caza' con receita caseira

INDIE | novembro 3, 2017

not_28008.jpg

Hai un Eladio y Los Seres Queridos anterior a Cantares(Autoeditado, 2016) e outro posterior. Historias de caza (Autoeditado, 2017) é o primeiro traballo desta etapa e xa está á venda a través da súa web e dispoñible nas plataformas dixitais desde este 1 de novembro.

Este quinto disco da súa carreiras gravouse, como o anterior, "na casa", no fogar propio de Eladio dos Santos tras uns discos anteriores nos que este proceso se levou a cabo en estudos profesionais Historias de caza fíxose como coa mesma receita coa que se fixera Cantares xa que "á xente gustoulle moito como estaba enfocado e a produción e iso animounos un pouco", di Eladio, "de feito hai xente que nos di que esta forma de gravar era a que tiñamos que ter feito hai moitos anos". O disco ten algunha pistas que xa levaban tempo gravadas como Tormenta y tú ou La Leyenda del Tiempo, pero a meirande parte das cancións son "frescas" de catro meses para aquí xa que o grupo decidiu hai seis meses que o novo disco se produciría deste xeito caseiro e autoeditado. O único elemento que non se pido gravar na casa foi a percusión por motivos evidentes: "A batería, como non cabe na habitación e os veciños nos matarían, sí que a gravamos nun estudio, do tirón e logo a engadimos xa en casa gravada". "Gaña mogollón por exemplo na voz – di Eladio- respecto a cando vas a un estudio, a Madrid, e estás unha semana alí metido gravando a voz e agora a escoito e penso na situación na que estaba naquel momento, pensando. Cando estou na casa hai un flow diferente, no que só estou cantando". Ademais, asegura o músico, ao facelo así “hai moito tempo e moita tranquilidade” para tomar todas as decisións da produción e a s mesturas, o que permite que o resultado sexa máis o que eles queren. "Podes esperar a que apareza a maxia e si non parece non metes a canción", di.

O novo traballo ofrece dez temas de sonoridades variadas dos que xa presentaron un primeiro video co tema que abre o álbum Algún iluminado, a primeira das historias que conta arredor do lume Historias de caza e que na imaxe tamén intenta transmitir ese ambiente distendido e intimista da propia gravación feita na sala La Fábrica de Chocolate de Vigo. Na canción tamén colabora Jorge F. Ojea e ARi Magritte que pon coros nesta e noutras cancións do disco, o disco tamén conta coa colaboración nos ventos de David Rial. Ademais das cancións propias da banda o disco inclúe outras cancións alleas como Ella do músico Pablo Lesuit (Pablo Perozo) co que comezaron a colaborar en directo en Madrid. "Ella estaba publicada nun disco de Pablo, que é tamén de Vigo, atopeina en You Tube tras coñecer a Pablo, pero era pouco coñecida. Sacounos un pouco da zona de confort, é un seis por oito en chacareira, que non se parece en nada ao resto dos noso temas, vai refrescar o disco." Outra composición allea que coa que o grupo vigués se atreve no disco é a mítica e emblemática La leyenda de Tiempo de camarón de la Isla, unha canción que marcou un punto de inflexión na música moderna española. "Para min foi a máis clara e a mais fácil de todo o disco – comenta Eladio- porque sabes que é unha boa canción. É una canción que tiñamos versionada e había unha gravación subida a You Tube que a todo o mundo lle gustaba. Non tiven nunca reparo en abordala. Son un atrevido total", comenta entre risas o artista.

Antes e despois de Cantares
Ao longo de toda a conversa con Eladio está constantemente presente ese disco Cantares co que obtiveron o Premio da Música Independentre ao Mellor álbum en Galego do 2016, mentres que é complicado escoitalo falar dos tres discos anteriores. A liña marcada pola sombra de Cantares na traxectoria do grupo e neste novo disco é evidente o artista recoñece que hai un Eladio y Los Seres Queridos diferente tras ese disco "estou convencido de que si" asegura e lembra que cando saíu o seu anterior traballo de estudio Orden invisible(2014) Eladio tiña a sensación de "fin de etapa". O que ía ser unha proposta anecdótica acabou sendo un punto de inflexión: "Tiven unha pequena crise como de que xa o tiña todo dito, estaba sempre con inseguridades e estiven un pouco atascado. Fixemos Cantares como para gañar tempo nese atasco e de repente foi a clave. Quizá porque inaugurou unha forma de facer as cousas, de soar, de compoñer e de todo", conclúe. Xustamente este Nadal sairá unha edición especial de Cantares en vinilo. Historias de caza preséntase oficialmente en Madrid o día 2 de decembro e posteriormente iniciara xira na que se prevé estar pronto soando polas salas habituais de Galicia.


datos do disco