Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco

ESTá ABERTO UN PROXECTO DE CROWDFUNDING PARA FINANCIAR O DISCO

Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco

POP | maio 21, 2012

imaxe non dispoñible

Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco é o título do proxecto no que están embarcados un unha trintena de músicos do noso país. A intención e gravar un duplo disco de versións de Blanco en homenaxe a este músico, que por mor dun accidente en 2011 ficou imposibilitado para tocar a guitarra. O proxecto abriu unha conta no web Verkami para recadar fondos mediante o sistema de Crowdfunding, e a falta de 27 días para rematar o prazo da colecta, obtivo xa 2.370 euros dos 3.000 que se marcaron como obxectivo. Uxía, Xoel López, Malvela, Eladio & los Seres Queridos, Roger de Flor ou Emilio Rúa son algúns dos artistas que participan nesta iniciativa.

MULTIMEDIA
Versión de Xoel López de Veño ou vou de Magín Blanco