Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / San Xoán Pequeniño volta encher A Coruña de actividades para os máis novos
San Xoán Pequeniño volta encher A Coruña de actividades para os máis novos
xuño 12, 2014
A Coruña celebra o vindeiro 24 de xuño a segunda edición do San Xoán Pequeniño. Logo do éxito do pasado ano, con máis de 5.000 participantes, unha nova programación destinada aos máis novos transcorrerá en diferentes prazas e rúas da cidade. O aspecto musical estará a cargo dos proxectos de Magín Blanco, Petit Pop e María Fumaça, aos que se suman propostas de animación como Os tres tenedores, Fantoches Baj, Malabaranda ou CircoKote, así como xogos e obradoiros.