Magín Blanco presenta o seu novo disco en solitario
setembro 24, 2007
O músico rués Magín Blanco está a vivir una segunda xuventude artística. Despois de dez anos sen gravar o ano pasado sacou o disco “Ella” (PAI, 2006), este ano participou cunha canción no concurso A polo Ghit! e agora presenta un novo álbum en solitario “Realidad” (PAI). Case sen pausa despois de “Ella” Magín volveu entrar nos estudios Casa de Tolos para sacar este traballo que presentou o pasado sábado nas instalacións da Fnac na Coruña. “Realidad”, está tecido cunha colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor e o pop, seguindo a liña intimista iniciada no seu primeiro disco, pero cunhas cancións mais vitalistas e coidadosamente arranxadas. Magín gravou os seus primeiros temas en 1987 con outras formacións e en 1988 tivo o seu primeiro disco propio “La Rosa” (Edigal).
Tamén che pode interesar:
- 17/ 4/ 2023 | Magín Blanco publica "Caderno de cores e cancións"
- 1/ 12/ 2017 | Magín Blanco convida pasear os seus Camiños
- 7/ 9/ 2017 | Pancho Álvarez presenta Celtis Australis, quinto disco en solitario
- 28/ 10/ 2016 | Iván Ferreiro convídanos á súa Casa
- 13/ 3/ 2015 | Guadi Galego aparece como favorita nos Premios Opinión