The Lákazans presentan en concerto o seu primeiro disco Homegrown
marzo 13, 2015
Cunha “colleita propia” - Homegrown é o título do disco- de sete temas da banda preséntase a primeira aposta discográfica do grupo The Lákazans que tamén é de produción propia. No ano 2013 xa presentaran un EP pero todos os temas agás un eran versións. O grupo de Boiro afincado en Compostela presentará este venres o disco cun concerto no Pub Sonar de Santiago. O disco foi gravado nos estudios Casa de Tolos de Gondomar con Segundo Grandío como produtor. The Lákazans manéxanse no soul, o country e o rock &roll, as dúas versións que completan os once temas do disco son ‘Dancing in the street’ de Martha and the Vandellas e ‘Hound Dog’ de Willie Mae ‘Big Mama’ Thornton, dous clásicos estándares do R&B. O grupo está formado por Trilli, percusión; Benja, guitarra, slide guitar e mandolina; Almudena, voz; Sabela, Voz; Figui, armónica; Fran Velo, baixo e Likal á Batería. A seguinte presentación en concerto de Homegrow será nas súas terras de orixe do Barbanza o día 21 de marzo, en Boiro en A Pousada das Ánimas.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 1/ 2013 | Os Minhotos presentan Pinga D'auga
- 2/ 11/ 2011 | Najla Shami e Héctor Lorenzo lanzan Haikus
- 14/ 1/ 2008 | Os ponteareáns Capitan Furilo presentan cunha cea o seu primeiro disco
- 19/ 5/ 2006 | Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo