Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Lákazans presentan en concerto o seu primeiro disco Homegrown

A BANDA DE SOUL E COUNTRY PRESéNTASE DISCOGRáFICAMENTE CON MAIORíA DE TEMAS PROPIOS

The Lákazans presentan en concerto o seu primeiro disco Homegrown

JAZZ/BLUES | marzo 13, 2015

not_25178.jpg

Cunha “colleita propia” - Homegrown é o título do disco- de sete temas da banda preséntase a primeira aposta discográfica do grupo The Lákazans que tamén é de produción propia. No ano 2013 xa presentaran un EP pero todos os temas agás un eran versións. O grupo de Boiro afincado en Compostela presentará este venres o disco cun concerto no Pub Sonar de Santiago. O disco foi gravado nos estudios Casa de Tolos de Gondomar con Segundo Grandío como produtor. The Lákazans manéxanse no soul, o country e o rock &roll, as dúas versións que completan os once temas do disco son ‘Dancing in the street’ de Martha and the Vandellas e ‘Hound Dog’ de Willie Mae ‘Big Mama’ Thornton, dous clásicos estándares do R&B. O grupo está formado por Trilli, percusión; Benja, guitarra, slide guitar e mandolina; Almudena, voz; Sabela, Voz; Figui, armónica; Fran Velo, baixo e Likal á Batería. A seguinte presentación en concerto de Homegrow será nas súas terras de orixe do Barbanza o día 21 de marzo, en Boiro en A Pousada das Ánimas.

datos do disco
Ligazóns