Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius

GRANDES éXITOS POR VIR

O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius

ROCK | maio 24, 2007

not_10002.jpg

Nas vindeiras semanas o selo discográfico PAI- Música presentará o primeiro disco do grupo Cornelius que levará por nome "Greatest Hits". Cornelius é unha banda de Vilagarcía de Arousa que veñen de gañar o certame de pop-rock MusicaliA! de Vigo. O seu estilo musical abarca rock, funk, rock&roll, hard rock ou acústico, cantado sempre en inglés. A banda está formada por David "Chiquillo" ás voces, Antonio Casado "El Abuelo" & Toni B. Willisch ás guitarras, Jose Vilas no órgano e piano e a sección rítmica a forman Andoni Arcos ao baixo e Ton Risco á batería. O disco foi mesturado e masterizado por Segundo Grandío no estudio Casa de Tolos e estará nas rúas a partires de xuño.

VIDEO | Fool forever
VIDEO | Dance
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Dangerous
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Babe
datos do disco