Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os ourensáns Os Amigos dos Músicos presentan disco

O SEU PRIMEIRO TRABALLO SAIRá O 14 DE OUTUBRO

Os ourensáns Os Amigos dos Músicos presentan disco

FOLK | outubro 4, 2016

amigosdosmusicos.jpg

Xa se poden escoitar en varias plataformas dixitais os primeiros temas do primeiro disco da banda ourensana Os Amigos dos Músicos. O disco, de título homónimo ao grupo, sairá á venda o vindeiro 14 de outubro. O selo Gran Derby Records representa á banda e edita este traballo. A banda está formada por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. xa está dispoñible o seu primeiro vídeo co tema A Bnada que abre o disco. O vídeo está escrito, dirixido e realizado por María Grande, artista que temén se encargou do deseño da portada do disco.

datos do disco