Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Edítase o disco coa música do espectáculo Engado
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 10 / 5 / 2007 +A música de Engado, o espectáculo co que a Nova Galega de Danza (NGD) está a percorrer o país, sairá a venda o vindeiro día 14 de maio editada por Falcatruada e distribuída por Lonxa Cultural. Trátase de propostas onde a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para desenvolver un estilo propio e definido. A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier Díaz, ou Suso Iglesias. Tamén está previsto que Falcatruada reedite Alento, un disco de Xosé Lois Romero que desapareceu das tendas hai un ano, e que acompañou a anterior xira de NGD acadando o V Premio Opinión ao mellor disco de 2005.
O Concello creará un centro de documentación para o legado musical da cidade de Vigo
Xénero:
| 9 / 5 / 2007O Concello de Vigo encargará un proxecto para crear un Centro de Documentación e Biblioteca Musical do concello, segundo informa hoxe o Diario Metro. O obxectivo deste centro , que estaría posiblemente vinculado ao Verbum, será o de poñer a disposición dos investigadores e cidadáns o legado musical en forma de partituras, arquivos sonoros e outra documentación das entidades e artistas que hai ou houbo na cidade. Neste sentido, segundo indicou o concelleiro de cultura Ignacio López-Chaves, o concello quere traballar coas máis de cen entidades musicais de Vigo para engadir materiais ao proxecto.
Máis información na edición impresa do Diario Metro
As cantareiras Ialma presentan o seu terceiro traballo discográfico
Xénero: VIDEO
| 8 / 5 / 2007 +“Nova Era” é o terceiro traballo discográfico das cinco cantareiras belgo-galegas que forman Ialma. Despois do seu primeiro disco a capela “Palabras darei” (EMI, 2000) e “Marmuladas” (EMI, 2002) o grupo de Verónica Codesal racha así con silenzo que xa ía para catro anos. Na ducia de temas de “Nova Era” mesturan a tradición musical das súas raíces galegas con melodías do pop, de feito o tema que abre o disco é unha versión de “Under the bridge” dos Red Hot Chili Peppers no que colaboran tamén as septuaxenarias cantareiras Damas de Laxoso. O disco conta ademais con colaboracións destacadas como Mercedes Peón e Guadi Galego entre outros.
Maís información no sitio de Ialma
Preséntase en Barcelona o I Ciclo de Música Galega en Catalunya, "Son Galiza"
Xénero:
| 4 / 5 / 2007Mercedes Peóns, Nordestin@s, Berrogüetto ou Nova Galega de Danza son algúns do protagonistas de "Son Galiza", o I Ciclo de Música Galega en Catalunya. O evento, que se desenvolverá entre os vindeiros once e trece de maio, está organizado por Rede.cat, a entidade que agrupa os colectivos galegos neste país, e conta co apoio da Consellaría de Cultura, o Xacobeo, e da Generalitat.
Máis información no web da iniciativa máis sobre cultura galega en Cataluña nos nosos temas
Con "Revolution Dance" GalegoZ apostan pola música disco
Xénero: AUDIO
| 26 / 4 / 2007 +O sub-selo VIR, no que a discográfica Ouvirmos comparte a produción de discos con grupos que apostan pola autoedición, recibe a segunda entrada no catálogo co novo disco de Galegoz. A banda de Marcos Otero Payno, Pulpiño Viascón, Denis López “Mutante” e Roberto Alhambra “Bayo” e compaña presenta “Revolution Dance”, un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias. O anterior traballo do grupo “Galician Chimpanzee” tamén foi editado a través da fórmula discográfica de VIR con Ouvirmos. Ademais a discográfica vén de anunciar a súa entrada na asociación Promomusicae que de compañías independentes e filiais de multinacionais, coa que accede a RitmoNet, a Rede Interactiva de Transmisión de Música On-line, un sistema de distribución dixital de contidos promocionais para medios de comunicación.
Máis información en Ouvirmos
Pontevedra acolle desde o vindeiro luns a segunda edición do Festival Galego do Cabaré
Xénero:
| 25 / 4 / 2007A posición estratéxica de Pontevedra entre Vigo, Ourense e Santiago converteuna na segunda recalada do Festival Galego do Cabaré. Un proxecto dedicado a este xénero escénico que inclúe obradoiros formativos, circuítos de actuacións e espectáculos. O festival desenvolverase desde o vindeiro luns ata o 11 de maio.
Máis información sobre a segunda edición en Galicia Hoxe e sobre a primeira edición no noso tema
A busca da canción galega do verán está aberta un ano máis na rede
Xénero:
| 24 / 4 / 2007O portal Vieiros e a Radio Galega buscan un ano máis a canción galega do verán cunha nova edición de A Polo Ghit. O concurso xa está en marcha despois da boa experiencia do ano pasado cando 38 cancións participaron na primeira edición das que o xurado escolleu como gañadora "In the Ocean", de Pulpiño Viascón. O prazo para enviar as cancións estará aberto ata o 21 de xuño e, como na primeira edición, as pezas que se envíen serán emitidas no programa Extrarradio así como noutros programas da Radio e Televisión de Galicia. Un novo xurado reunirase para decidir a canción gañadora o 11 de agosto. Máis información en Vieiros
O grupo gañador do certame folk de Radio Obradoiro presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 23 / 4 / 2007O grupo folk Arrás!, gañador da sexta edición do certame para grupos folk de Radio Obradoiro, presentou o seu disco “Asumindo riscos”. O disco, gravado nos estudios Phonos da Estrada presentouse este sábado 21 de abril no Teatro Principal de Santiago. O grupo Arrás, que naceu no ano 2005, está formado por Rocío Jiménez, Pablo Gómez, David Bellas, Michel Rivadulla, Manu Abraldes e Jimmy Faílde. Segundo indicaron os seus integrantes, o seu estilo procura romper co folk tradicional.
Máis información en Compostela Cultura
Dezasete agrupacións musicais da Coruña editan cadanseu disco da man da Deputación e mais da Fundación Paideia
Xénero:
| 23 / 4 / 2007Unha gala no teatro Colón serviu para presentar os 17 novos CDs que publicaron outros tantos grupos da provincia da Coruña ao abeiro do programa Outro+Outro. Esta proposta, coordinada pola fundación Paideia e a Deputación da Coruña, permitiu a gravación e edición de dezasete discos, con tiraxes de mil exemplares cada un nos máis variados estilos.
Máis información no web da Deputación da Coruña
Vigo acolle o concerto de presentación do novo disco de Mercedes Peón
Xénero:
| 12 / 4 / 2007Cando xa transcorreron tres anos desde a publicación de “Ajrú” Mercedes Peón presenta o seu terceiro traballo discográfico “Sihá”. A cantante e compositora coruñesa presenta este sábado en Vigo o novo disco cun concerto no teatro García Barbón ao que seguirán outro o día 28 de abril en Bergondo e un en Barcelona o 11 de maio. O disco sae, como o anterior, baixo o seu propio selo Discotrompo e conta con dez temas composición de Mercedes Peón nos que volve experimentar sobre as súas raíces musicais tradicionais. O disco estará en tendas na semana que ven.
Máis información en El País