Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello creará un centro de documentación para o legado musical da cidade de Vigo

BIBLIOTECA MUSICAL DE VIGO

O Concello creará un centro de documentación para o legado musical da cidade de Vigo

MISCELáNEA | maio 9, 2007

imaxe non dispoñible

O Concello de Vigo encargará un proxecto para crear un Centro de Documentación e Biblioteca Musical do concello, segundo informa hoxe o Diario Metro. O obxectivo deste centro , que estaría posiblemente vinculado ao Verbum, será o de poñer a disposición dos investigadores e cidadáns o legado musical en forma de partituras, arquivos sonoros e outra documentación das entidades e artistas que hai ou houbo na cidade. Neste sentido, segundo indicou o concelleiro de cultura Ignacio López-Chaves, o concello quere traballar coas máis de cen entidades musicais de Vigo para engadir materiais ao proxecto.

Máis información na edición impresa do Diario Metro