Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes
Xénero:
| 20 / 8 / 2007Soutelo de Montes acolleu este sábado o IX Concurso de Música Tradicional Avelino Cachafeiro, considerado un dos máis prestixiosos do país. Pablo Devigo, de 17 anos e veciño de Castro Caldelas resultou gañador do certame. Canda a el, Óscar Ibáñez e o recente gañador do trofeo MacCrimmon, Edelmiro Fernández, ocuparon cadanseu posto no podio.
Máis información en La Voz de Galicia, e máis sobre o MacCrimmon nos nosos arquivos
A produtora Acontrabutaca estreará na Estrada a versión galega do musical “Robin Hood”
Xénero:
| 17 / 8 / 2007O vindeiro 13 de outubro, A Estrada acollerá a estrea do musical “Robin Hood” en versión galega. Xosé Lueiro, promotor e director da iniciativa, anunciou que a súa produtora Acontrabutaca, adquiriu os dereitos para verter a obra ao noso idioma e que ten a intención de desenvolver unha xira por todo o país a partir do Nadal.
Máis información en Galicia Hoxe
Ouvirmos documenta a primeira gaiteira galega nos anos vinte
Xénero:
| 17 / 8 / 2007Foi a estudar o pasado de Celanova para crear un itinerario histórico-musical que os investigadores da discográfica Ouvirmos deron coa pista da primeira gaiteira galega que se coñece. Áurea Rodríguez, directora do grupo As Marabillas de Cartelle conseguiu un grande recoñecemento durante a segunda década do século XX e visitou Madrid e Arxentina.
Máis información en La Voz de Galicia, no web de Ouvirmos e no noso tema sobre os Itinerarios
A soprano Laura Alonso presenta en Vilagarcía o seu terceiro disco en galego
Xénero:
| 14 / 8 / 2007Lua descolorida é o terceiro disco en galego da soprano Laura Alonso. Un concerto esta noite en Vilagarcía servirá para presentar esta obra, que inclúe obras do compositor Antón García Abril coma Canciones Xacobeas ou Cuatro Canciones Gallegas.
Máis información en El Correo Gallego e na nosa axenda de concertos
Brath, Cristina Pato ou GalegoZ son algúns dos grupos que reciben axudas á difusión do IGAEM
Xénero:
| 14 / 8 / 2007Os últimos traballos discográficos de sete grupos galegos van recibir axudas de entre 7.500 e 11.500 euros polas axudas o IGAEM á difusión. Máis concretamente, os elixidos foron Brath, Cristina Pato, Emilio Rúa, GalegoZ, Faltriqueira, Nordestin@s e Sete Saias, que poderán investir estes cartos en promocionar e publicitar os seus traballos.
Máis información no web do IGAEM
O galego Edelmiro Fernández Parada vence na XXII edición do Trofeo Mac Grimmon de gaita, en Lorient
Xénero: VIDEO
| 7 / 8 / 2007 +Considerado o galardón de gaita máis prestixioso no mundo, o Trofeo Mac Grimmon chegaba este ano á súa XXII no marco do celebérrimo festival Intercéltico de Lorient, en Bretaña. E foi un galego, Edelmiro González, o que se fixo co premio por terceira vez, o que o converte o músico que máis veces o levou. Canda a el, outro galego, Alberto Coya, quedou no terceiro posto. Estes premios sitúan os dous intérpretes entre os mellores do mundo no seu instrumento.
Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros
A Asociación de Gaiteiros Galegos reúne aos mellores artesáns e luthiers no Festival de Pardiñas
Xénero:
| 31 / 7 / 2007Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz. Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. O gaiteiro e estudoso do folclore Pablo Carpintero impartirá un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para cativos. As actividades previstas están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.
Máis información no Portal da AGG
O “dobarrismo” protagonizará unha das xornadas da semana cultural do Felipop
Xénero:
| 31 / 7 / 2007O festival pop que se celebra cada ano na parroquia de Limodre, en Fene, inclúe na súa programación do 2007 tres días previos de actividade cultural que converten o evento nun dos de máis longa duración. Os concertos comezarán o xoves 9 de agosto e seguirán ata o sábado pero desde o luns xa haberá actividades culturais no programa. O mércores 8 será a xornada dedicada ao “dobarrismo” coa presentación do disco “Manifesto dobarrista” (Falcatruada,2007) a proxección dun trailer que avanza o documental feito por Anxo Fernández sobre Andrés Dobarro que se estreará en televisión e unha mesa de debate sobre o artista ferrolán. Fernández será un dos compoñentes da mesa na que o acompañarán Xurxo Souto, Xavier Alcalá e Noel Feáns, responsable do net-label A Regueifa. A xornada inclúe a actuación dalgún dos grupos que participaron no disco como Boy Elliot ou Jules e Jim.
Máis información no Diario de Ferrol
O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada
Xénero:
| 27 / 7 / 2007O gaiteiro Pablo Seoane presentará oficialmente durante as Festas do Apóstolo de Compostela o seu novo traballo discográfico “Fluíndo en pechado”. Este segundo disco de Seoane, foi gravado nos estudios de produción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”. O disco púxose á venda o pasado 1 de xullo. “Fluíndo en pechado” é un traballo con 14 temas baseado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo practicamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. O concerto no que presentará oficialmente este disco será ás 22:30 horas na Praza do Toural. Pablo Seoane, acadou no 2002 o terceiro posto do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient.
Convocada a segunda edición do certame de maquetas NovaXove Music dirixido a grupos noveis
Xénero:
| 19 / 7 / 2007Coa presenza e actuación do grupo Stereotipos, gañadores da primeira edición, deuse o disparo de saída da segunda edición do Certame NovaXove Music que está aberto ata o 23 de novembro. O concurso de maquetas convocado por Caixanova conseguiu na súa primeira edición unha participación de máis de cincuenta grupos que espera superar nesta segunda convocatoria. NxMusic ten como obxectivo dar a coñecer e promover a música de artistas e grupos descoñecidos en busca dunha oportunidade. Dentro das súas fases a primeira consiste en que as cancións, colocadas na páxina web de Nova Xove serán votadas polos internautas e tamén por un xurado de expertos musicais. As dúas notas xuntas conformarán a clasificación da que sairán os catro máis votados a un concerto no que o xurado decidirá ao gañador. O premio inclúe a gravación dun disco, xira de promoción e actuación nun festival nacional.
Máis información en NovaXove