Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes
O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes
agosto 20, 2007
Soutelo de Montes acolleu este sábado o IX Concurso de Música Tradicional Avelino Cachafeiro, considerado un dos máis prestixiosos do país. Pablo Devigo, de 17 anos e veciño de Castro Caldelas resultou gañador do certame. Canda a el, Óscar Ibáñez e o recente gañador do trofeo MacCrimmon, Edelmiro Fernández, ocuparon cadanseu posto no podio.
Máis información en La Voz de Galicia, e máis sobre o MacCrimmon nos nosos arquivos
Tamén che pode interesar:
- 15/ 1/ 2018 | Os gaiteiros lanzan o podcast semanal Rumboia
- 15/ 3/ 2016 | Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música
- 29/ 10/ 2015 | aCentral Folque recupera o legado de Xoán Tilve
- 2/ 6/ 2014 | Caxade leva o premio Opinión ao mellor artista folk
- 24/ 4/ 2014 | Anxo Lorenzo explora os límites da gaita en Confuxón