Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / música en galego

Música en galego

Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional

Xénero: Folk | 3 / 9 / 2007

not_10337.jpg

Os cinco finalistas do premio Constantino Bellón, convocado polo Ateneo Ferrolán, tiveron que interpretar este venres pasado no Teatro Jofre de Ferrol dúas pezas, unha composta por Iván Costa e outra da súa propia creación. Ao final, o xurado escolleu ao gaiteiro da Fonsagrada Brais Monxardín como gañador da edición anual deste prestixioso certame. Monxardín levará un premio de 3.000 euros. O xurado tamén concedeu dous accésit: un para Daniel Lumbreras, procedente de San Sebastián, e outro para Pablo de Vigo.

Sobre o Premio Constantino Bellón na nosa hemeroteca; a noticia no Diario de Ferrol

O Ateneo Ferrolán outórgalle a Gaita de Ourto ao artesán Rubén González

Xénero: Folk | 28 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Gaiteiro e artesán de oitenta e dous anos, Rubén González foi galardoado onte co premio Gaita de Ouro polo Ateneo Ferrolán. Esta distinción, que fai parte dos premios Constantino Bellón, recoñece o traballo no campo da música tradicional. A Gaita de Prata foi para o coro Cántigas da Terra, da Coruña, polo seu traballo de divulgación desde 1916.

Máis información no Diario de Ferrol e nos nosos arquivos

O grupo Sacha na horta gaña o certame A Polo Ghit co tema “Biocultivos”

Xénero: Miscelánea | 20 / 8 / 2007

not_9808.jpg

Logo de moito escoitar e votar, esta fin de semana fíxose público por fin o nome do grupo gañador da edición 2007 do certame A polo Ghit, que organizan a Radio Galega e Vieiros. “Biocultivos”, de Sacha na horta, foi a gañadora, seguida de “O Son do Son”, de Mordecáns e “Pinguinha”, de Amacuca.

Máis información en Vieiros

O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes

Xénero: Folk | 20 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Soutelo de Montes acolleu este sábado o IX Concurso de Música Tradicional Avelino Cachafeiro, considerado un dos máis prestixiosos do país. Pablo Devigo, de 17 anos e veciño de Castro Caldelas resultou gañador do certame. Canda a el, Óscar Ibáñez e o recente gañador do trofeo MacCrimmon, Edelmiro Fernández, ocuparon cadanseu posto no podio.

Máis información en La Voz de Galicia, e máis sobre o MacCrimmon nos nosos arquivos

A produtora Acontrabutaca estreará na Estrada a versión galega do musical “Robin Hood”

Xénero: Melódica | 17 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

O vindeiro 13 de outubro, A Estrada acollerá a estrea do musical “Robin Hood” en versión galega. Xosé Lueiro, promotor e director da iniciativa, anunciou que a súa produtora Acontrabutaca, adquiriu os dereitos para verter a obra ao noso idioma e que ten a intención de desenvolver unha xira por todo o país a partir do Nadal.

Máis información en Galicia Hoxe

Ouvirmos documenta a primeira gaiteira galega nos anos vinte

Xénero: Folk | 17 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Foi a estudar o pasado de Celanova para crear un itinerario histórico-musical que os investigadores da discográfica Ouvirmos deron coa pista da primeira gaiteira galega que se coñece. Áurea Rodríguez, directora do grupo As Marabillas de Cartelle conseguiu un grande recoñecemento durante a segunda década do século XX e visitou Madrid e Arxentina.

Máis información en La Voz de Galicia, no web de Ouvirmos e no noso tema sobre os Itinerarios

A soprano Laura Alonso presenta en Vilagarcía o seu terceiro disco en galego

Xénero: Clásica/Lírica | 14 / 8 / 2007

not_10487.jpg

Lua descolorida é o terceiro disco en galego da soprano Laura Alonso. Un concerto esta noite en Vilagarcía servirá para presentar esta obra, que inclúe obras do compositor Antón García Abril coma Canciones Xacobeas ou Cuatro Canciones Gallegas.

Máis información en El Correo Gallego e na nosa axenda de concertos

Brath, Cristina Pato ou GalegoZ son algúns dos grupos que reciben axudas á difusión do IGAEM

Xénero: Alternativa | 14 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Os últimos traballos discográficos de sete grupos galegos van recibir axudas de entre 7.500 e 11.500 euros polas axudas o IGAEM á difusión. Máis concretamente, os elixidos foron Brath, Cristina Pato, Emilio Rúa, GalegoZ, Faltriqueira, Nordestin@s e Sete Saias, que poderán investir estes cartos en promocionar e publicitar os seus traballos.

Máis información no web do IGAEM

O galego Edelmiro Fernández Parada vence na XXII edición do Trofeo Mac Grimmon de gaita, en Lorient

Xénero: Folk | 7 / 8 / 2007 + VIDEO

imaxe non dispoñible

Considerado o galardón de gaita máis prestixioso no mundo, o Trofeo Mac Grimmon chegaba este ano á súa XXII no marco do celebérrimo festival Intercéltico de Lorient, en Bretaña. E foi un galego, Edelmiro González, o que se fixo co premio por terceira vez, o que o converte o músico que máis veces o levou. Canda a el, outro galego, Alberto Coya, quedou no terceiro posto. Estes premios sitúan os dous intérpretes entre os mellores do mundo no seu instrumento.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

A Asociación de Gaiteiros Galegos reúne aos mellores artesáns e luthiers no Festival de Pardiñas

Xénero: Folk | 31 / 7 / 2007

not_10427.jpg

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz. Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. O gaiteiro e estudoso do folclore Pablo Carpintero impartirá un obradoiro de construción de xoguetes sonoros para cativos. As actividades previstas están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

Máis información no Portal da AGG

<< Inicio / Anterior . 1221 a 1230 de 1395 . Seguinte \ Fin >>