Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / música en galego

Música en galego

Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música

Xénero: Clásica/Lírica | 17 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

Os concertos de bandas de música, tan populares nas celebracións galegas, poderán ter repertorio do país. Isto é o que pretende a Consellaría de Cultura e a Federación Galega de Bandas coa convocatoria do primeiro concurso de composición para banda de música e para banda con sección sinfónica. Relacionado con isto, en novembro celebrarase o II Certame Galego de Bandas. As axudas que a consellaría achegará este ano ao sector para apoiar estas formacións asceden a 270.000 euros e afectará a máis de 5.500 músicos.

A evolución sonora distingue o segundo álbum de Xochilmica

Xénero: Folk | 12 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

A grande estrea será no festival de Ortigueira, e a partir de aí promete ser recorrente nos concertos do verán Carta Branca,o segundo traballo de Xochilmica, chega ás tendas amosando, segundo os propios membros do grupo explican, unha grande evolución sonora. Folk fundamentalmente instrumental e de autor nesta nova aposta artística. Sopas, membro do grupo, explícanos este traballo.

Marcos Teira presenta Alí, o seu novo disco en solitario

Xénero: Folk | 5 / 6 / 2008

not_12329.jpg

O mercado de Salgueiriños resoa esta mañá con ar flamenco. O guitarrista Marcos Teira escolleu este espazo compostelán para presentar Alí, o seu novo disco en solitario. Teira fai con esta obra unha homenaxe ao falecido músico Alí Farka Toure, e conta coa colaboración de artistas galegos, granadinos e alxerianos. Un concerto no Teatro Principal de Santiago será, ás nove e media desta noite, a estrea oficial destes sons.

Linguaxe musical evolucionada

Xénero: Folk | 3 / 6 / 2008 + IMAXES + AUDIO

not_12299.jpg

Música de raíz, en clave instrumental e ollada desde este século XXI. Isto é o que oferta Diacronías o primeiro disco do trío Lizgairo, unha formación de luxo que reúne a Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz. Precisamente é Pintos quen nos comenta, de viva voz, como naceu este proxecto e as peculiaridades da proposta.

Para cantar e bailar amosa os xogos e bailes tradicionais para os máis pequenos

Xénero: Folk | 30 / 5 / 2008

imaxe non dispoñible

Dentro das variadas formas da nosa música popular, non debe estrañarnos que existisen unha ampla variedade de xogos sonoros destinados aos máis pequenos. No entanto, eran ata o de agora poucos coñecidos. En Para cantar e bailar Luís Prego e Edicións do Cumio recuperan unha parte fundamental da nosa tradición que pode axudar que nenos e nenas se achegan ao mundo da danza tradicional.

Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas completan os Premios Nacionais de Cultura

Xénero: Folk | 30 / 5 / 2008

imaxe non dispoñible

A Consellaría de Cultura acaba de facilitar os nomes dos gañadores das tres categorías que faltaban dos Premios Nacionais de Cultura. Mercedes Peón fíxose co de música, Manuel Lourenzo co de artes escénicas e o Laboratorio de Formas co de iniciativa cultural. Con estes sábense os nomes dos dez galardoados duns premios que se entregarán o sábado 14 de xuño no transcurso dunha gala.

Improvisación e influencias diversas no primeiro disco do dúo 2uS

Xénero: Jazz/Blues | 27 / 5 / 2008 + IMAXES + VIDEO

not_12240.jpg

Fernando Abreu e Pablo Carrera son os instrumentistas que conforman a base de 2uS e que hoxe sacan á rúa o seu primeiro disco “Só Son Sons” editado por Falcatruada. Música instrumental con amplas influenzas do jazz, funk, da música contemporánea, do world music son algúns do sons que sobre a base do clarinete e a guitarra ofrece este dúo, que para a gravación dos trece temas do disco contaron tamén coa colaboración de outros músico como Pablo Novoa, Paco Dicenta, Leandro Deltell, Xesús Valle ou Nacho Muñoz. 2uS propón unha fórmula musical moi achegada ao concepto actual de jazz europeo: improvisación e influenzas dun amplo espectro de estilos musicais compartidos. Abreu (clarinete) é membro do Cuarteto Caramuxo, recentes gañadores do Festival Folk Cancioneiros da Fundación Barrié, mentres que o guitarrista Pablo Carrera tamén forma parte do grupo Dr. Harapos.

A terceira edición de “Vai de camiño” inclúe as cidades no seu itinerario

Xénero: Miscelánea | 26 / 5 / 2008

imaxe non dispoñible

Naceu para promover os artistas galegos nos diferentes trazados do Camiño de Santiago. “Vai de Camiño” segue con esa mesma filosofía tres anos despois, pero agora incorpora as cidades dentro da súa ruta de espectáculos. Un total de 115 actuacións noutros tantos concellos, conforman un programa que se desenvolve do 30 de maio ao 30 de setembro. A Consellaría de Innovación destina 1.8 millóns de euros a un proxecto no que participan Berrogüeto, Mercedes Peón, Los Suaves, Siniestro Total, Deluxe, o Mago Antón ou The Ellas, entre moitos outros.

Lamatumbá presenta cun concerto na rúa o seu último disco

Xénero: Fusión | 22 / 5 / 2008 + VIDEO

imaxe non dispoñible

A praza de Cervantes de Compostela acollía esta mañá unha curiosa actuación. Lamatumbá ofrecía un concerto improvisado no medio da rúa como xeito de presentar o seu último traballo "Paraugas Universal". Zancudos e animación de rúa completaban un espectáculo que chamou amplamente a atención de peregrinos e viandantes. Os que non puidesen asistir ao evento, teñen a oportunidade de ver o directo deste grupo na sala Capitol de Santiago esta mesma noite. Ou de ollar o video que preparamos para a ocasión.

Kalandraka edita o drama do arrabaldo de Charleston composto por George Gershwin

Xénero: Infantil | 21 / 5 / 2008

not_12198.jpg

A nova entrega da colección de ópera para ”primeiros oíntes” de Kalandraka ofrece una oportunidade de achegar aos máis cativos a obra de George Gershwin e as interpretacións de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong. “Porgy and Bess”, ópera que mestura as técnicas orquestrais europeas co jazz e a música folk estadounidense, estreouse en 1935, dous anos antes de morrer o compositor. Na obra cóntase a historia dun home discapacitado que trata de salvar á súa amada da influencia dos homes máis perigosos dun barrio de Charleston, en Carolina do Sul, na década de 1930. O libreto está adaptado por Joan de Déu Prats e conta con ilustracións de Daniel Jiménez. O CD inclúe cinco dos temas entre os que están o coñecido “Summertime” e “My man`s gone now”.

<< Inicio / Anterior . 1121 a 1130 de 1395 . Seguinte \ Fin >>