Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Descarga ao vivo fusionará a música cubana e a galega
Xénero:
| 1 / 7 / 2009A Central Folque está a coordinar a xira galega do proxecto Descarga ao vivo, que mestura música galega e cubana. A iniciativa, que se presentou na Habana en febreiro de 2008, chega ao noso país con tres concertos que se celebrarán na Coruña (23 de xullo), en Compostela (25 de xullo) e en Vigo (30 de xullo). Os espectáculos contarán coa presenza de músicos dos dous países, coma Guadi Galego, Quim Farinha, Ugia Pedreira, Oscar Fdez., Xabier Díaz, Edelmiro Fdez., Pablo Castanho, Pablo Pascual, Gutier Álvarez, Raciel Jiménez, Adonis Ríos e J.M. Díaz. A organización puxo en marcha un concurso de fotografías de época no que se repartirán dez entradas.
Alalá continúa na TVG para a vindeira temporada
Xénero:
| 30 / 6 / 2009As dúbidas sobre a continuidade do programa Alalá na programación da TVG despéxanse. O blog deste espazo anunciaba o pasado día 25 que está confirmada a emisión da quinta temporada para o vindeiro outono. O equipo do programa sinala tamén que no último ano conseguiron unha media dun 18,6 % de audiencia, a mellor da súa historia.
Fecha o estudio vigués Áreamaster
Xénero:
| 30 / 6 / 2009Un dos maiores espazos destinados á gravación de música en Galicia, o estudio Áreamaster de Vigo, fecha as súas portas. As débedas acumuladas provocaron que os responsables da empresa optasen por cesar a súa actividade, deixando así o noso país sen 1.500 metros de superficie dedicados a rexistro sonoro, ensaios e formación, así coma á sala de concertos Breogáin. O último traballo que saiu da mesa deste estudio foi o DVD cun directo de Vargas Blues Band que se gravou a finais de 2008.
Dez anos de tolemia
Xénero:
| 30 / 6 / 2009O estudio Casa de Tolos, unha das referencias no campo da gravación musical en Galicia, está a facer estes días dez anos. Unha década que deu para arredor de 300 gravacións de todo tipo e que nos permite reflexionar, de man de Segundo Grandío, responsable do proxecto, sobre o traballo de rexistrar sons.
O Festival Mozart estrea unha versión galega do Esquío esperto
Xénero:
| 26 / 6 / 2009Hai cincuenta anos Nino Rota, coñecido por ser o compositor da banda sonora do Padriño, compuxo unha ópera baseada nun conto de Eduardo de Filippo. Unha composición e libreto que os organizadores do Festival Mozart quixeron traer á Coruña no marco do seu ciclo “Öpera en Familia”. Joám Trilho foi o encargado de facer a adaptación para esta produción propia que ten un reparto de voces galegas case na súa totalidade. O papel do esquío é para a soprano Paloma Silva, que chega de acaba de participar na ópera Werther. Nesta montaxe participan a Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu coro. Alfonso Romero Mora, vencellado ao Staatstheater de Darmstadt, é o director de escena.
Veciños de Redondela participan nunha zarzuela baseada en Xan Carallás
Xénero:
| 26 / 6 / 2009Conta a lenda popular que Xan Carallás foi o veciño que fundou a vila de Redondela. Unha historia que Suso Cameselle estivo investigando e analizando durante máis de dous anos e que agora pon en escena a fronte do grupo de teatro xuvenil, Disonada. A zarzuela estréase hoxe no multiusos da Xunqueira (20:30) e conta coa participación de sesenta persoas entre actores, músicos e bailaríns de entre 10 e 16 anos. A zarzuela sobre Carllás é a segunda dunha triloxía que Cameselle está a realizar sobre lendas redondelás. Ademáis da representación, o multiusos acollerá unha exposición sobre o protagonista desta historia.
A música que chegou do leste
Xénero:
| 24 / 6 / 2009“Aquí temos o estereotipo de que o jazz é unha música tocada por xente de raza negra, principalmente, afroamericanos , e que se compón dunha serie de instrumentos como a trompeta, contrabaixo, o saxo, a batería, e un par de instrumentos máis” explica Baldo Martínez, o director artístico do Imaxina Sons, o festival de Jazz de Vigo. Un encontro que leva cinco anos a romper con eses tópicos exhibindo o máis vangardista e, por suposto, o lado europeo do jazz. Escoiten ben porque hoxe abre as súas portas.
New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas
Xénero:
| 24 / 6 / 2009O Festival Cultura Quente de Caldas celebrará este ano a súa duodécima edición condicionado baixo o sino da crise económica. A ausencia de patrocinadores sumada ao feito de que as axudas públicas solicitadas á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Ministerio de Exteriores levou á Produtora Esmerarte a reducir as expectativas desta cita musical, que con 113.000 euros máis IVE procedentes do Concello de Caldas presenta un cartel de 14 propostas musicais programadas consecutivamente nun só escenario. Así o venres 10 de xullo o cartel estará encabezado polos mítico New York Dolls e tamén actuarán Igloo, Arizona Baby, os franceses Kap Bambino, os belgas Vive la Fête e o produtor inglés Jeff Automatic. No sábado 11 actuarán na Carballeira de Caldas os británicos The Wedding Present, Lagartija Nick, Facto Delafé y Las Flores Azules, os franceses Atomic Garden, Zahara, os pontevedreses Delahoja e pecharán a noite Pin&Pon Djs.
A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
Xénero:
| 18 / 6 / 2009O apoio económico que a Consellaría de Cultura lle viña prestando á Federación Galega de Bandas de Gaitas quedará en menos da metade do foi nos últimos anos. Así o denunciou a entidade logo de manter esta semana unha entrevista na que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, sinalaron que a Xunta non cubrirá a totalidade dos gastos das actividades previstas. Os responsables de Cultura si deron o seu apoio á celebración do III Certame Galego de Bandas de Música e mais do II Concurso de Composición para estas formacións, que terán publicadas as súas bases en vindeiras datas.
Recoller cantigas da outra banda do Atlántico
Xénero:
| 18 / 6 / 2009Desde hai xa moitos anos, abondosos colectivos percorren o noso país recollendo de aldea en aldea pezas do noso legado musical. No entanto, nos últimos anos comezan a aparecer traballos que amplían moito a área de recuperación da música galega. En concreto, están de actualidade dous traballos sobre a música galega en Cuba, un país que tivo unha importancia fundamental no desenvolvemento dos nosos sons, e nos que os músicos galegos deixaron unha fonda pegada. Achegámosche unha selección de temas galego-cubanos da man do proxecto Descarga ao vivo e mais do Quinteto Monterrey.