Ir ao contido directamente.


Noticias

As empresas Mare e Zouma alíanse e crean Turma, un selo que abordará desde a xestión de artistas á edición de discos

Xénero: Folk | 20 / 2 / 2006

imaxe non dispoñible

Son dúas firmas dedicadas á música folk. Editan discos e levan a representación de artistas. Agora, Mare e Zouma alíanse para crear Turma. Este novo selo quere servir de plataforma para abordar proxectos de maior envergadura e apoiar os seus artistas. Os Cempés, Rosa Cedrón, Cristina Pato ou Quempallou son algúns dos nomes que se cubrirán ao abeiro desta iniciativa, que non eliminará a existencia autónoma de cada unha das empresas que a constitúen.

Máis información en La Opinión

A discográfica Ouvirmos presenta os selos Vir e Localizados para lanzar proxectos actuais

Xénero: Miscelánea | 17 / 2 / 2006

imaxe non dispoñible

Logo de varios anos a desempeñar un intenso traballo de recuperación da nosa historia musical, a discográfica Ouvirmos dá un paso mais. A empresa acaba de anunciar o lanzamento de dous novos selos cos que quer potenciar traballos actuais. Deste xeito, Vir será o nome co que Ouvirmos quere desenvolver producións con grupos que pretendan manter o control dos seus proxectos. Por outra banda, Localizados potenciará produtos innovadores no noso panorama musical. Galegoz e Ecléctica Ensemble serán os encargados de abrir cada unha destas firmas.

Máis información no web de Ouvirmos e nos nosos arquivos

Lamatumbá presenta a reedición de "Lume" despois do seu éxito de vendas

Xénero: Miscelánea | 17 / 2 / 2006 + VIDEO

not_7522.jpg

Vender tres milleiros de discos en oito meses nun mercado como o galego é o equivalente a obter un disco de ouro no mercado do conxunto do Estado. Con esta idea como motivo de celebración os ourensáns Lamatumbá presentaron na tenda de discos Gong de Santiago a reedición do seu disco “Lume (para que saia o sol)” arroupados por representantes da discográfica, Falcatruada, e da distribuidora, Discmedi. Os compoñentes do grupo brindaron con licor café polos seus seguidores e amigos que fixeron isto posible. A reedición inclúe a tradución das súas letras a outras linguas do Estado cun ánimo de proxección exterior no que tamén incidirán actuacións previstas en Andalucía, Cataluña e Euskadi. Os membros do grupo congratúlanse de poder amosar fóra que aquí hai outras propostas musicais ademais das xa coñecidas e consolidadas do folk. Outra das noticias que avanzaron nesta presentación foi a inclusión dun novo tema seu no espazo da TVG Xabarín Club. Un vídeo feito ao estilo Lamatumbá aparecerá agora na oferta musical dese contedor televisivo recuperado, un feito que o grupo celebra “como se nos tiveran posto unha medalla”.

Máis información en Vieiros

A Real Filharmonía e a Radio Galega asinan un convenio para emitir concertos

Xénero: Clásica/Lírica | 3 / 2 / 2006

imaxe non dispoñible

A partir de agora a Radio Galega gravará e emitirá os concertos da Real Filharmonía de Galicia. Esto é posible grazas a un convenio que asinaron onte o alcalde e representante do Concello de Santiago, Sánchez Bugallo e o director da CRTVG, Benigno Sánchez. Aínda que nun primeiro momento só se van emitir na Radio Galega, o director do ente público anunciou a súa intención de que se retransmitan tamén na TVG.

Máis información sobre o acordo en Galicia Hoxe e sobre a programación da Real Filharmonía no we do auditorio

O Consello da Cultura homenaxea a Pepito Arriola cun concerto homenaxe

Xénero: Clásica/Lírica | 1 / 2 / 2006

not_7417.jpg

José Arriola, máis coñecido como Pepito Arriola, foi un destacado músico e compositor galego que chegou a ser pianista na corte do emperador Guillerme II e concedeu actuacións en auditorios reputados como o Carnegie Hall ou o Metropolitan de Nova York. Os avatares da súa vida e as particularidades da súa composición abordaranse esta tarde nunha conferencia-concerto que lle dedica a Sección de Música do Consello da Cultura Galega. No acto interpretaranse obras de Arriola e de Manuel de Falla a cargo do pianista Julio Mourenza e do violonchelista Carlos García Amigo.

Máis información no web do Consello da Cultura

O Palacio da Ópera da Coruña acolle a gala de homenaxe a Pucho Boedo que gravará a TVG

Xénero: Pop | 31 / 1 / 2006

not_7415.jpg

Vinte anos despois do pasamento do cantante Pucho Boedo a televisión autonómica vai gravar un programa especial de homenaxe ao artista. O palacio da Ópera da Coruña acollerá o vindeiro domingo 5 de febreiro está gala na que participarán artistas como Miguel Ríos, que foi amigo do cantante, Deluxe, Paco Lodeiro, Uxía Senlle e Nancho Novo. Tamén actuarán as orquestras coas que Boedo cantou, Os Satélites e Os Tamara. A gala estará presentada por Xurxo Souto, eterno reivindicador do cantante do Ventorrillo, e Yolanda Vázquez. A entrada será de balde previa recollida da invitación na oficina do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos na Praza de Ourense.

Máis informaciónno sitio de Asociación de Veciños do Ventorrillo sobre Pucho Boedo

Os compositores galegos entran no Macuf nun ciclo

Xénero: Miscelánea | 27 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

A prensa destacaba onte que o Museo de Arte Contemporánea non acudía este ano a ARCO, a feira de galerías, para volcarse en dar a coñecer o museo. Hoxe presenta unha desas actividades que marcan o seu cambio de tendencia. Trátase dun ciclo que pretende recuperar e difundir a obra de compositores galegos. A iniciativa ten este ano un nome propio, o do compositor e director Ángel Barja (Santa Cruz de Terroso, Vilardevós, Ourense, 1938) a quen se lle renderá homenaxe e se lle dedicará un concerto que ten lugar mañá. Colaboran co Macuf neste proxecto a Asociación Galega de Compositores e a delegación provincial de Cultura.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do museo

Ourense e A Coruña únense aos festexos de celebración do 250 aniversario do nacemento de Mozart

Xénero: Clásica/Lírica | 27 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha efeméride que se celebra durante todo o ano na súa Austria natal (Viena e Salzburgo repártense o protagonismo) e da que Galicia tamén é partícipe. Coincidindo coa data que se festexa, o Teatro Principal de Ourense acolle unha representación do “Don Giovanni” a cargo do Teatro Nacional de Marionetas de Praga. Máis destacada é a participación da Coruña que ten un festival que leva o nome do compositor austríaco. Malia que non representará ningunha das súa obras, senón obras inspiradas no célebre autor, contará coa participación de figuras destacada do panorama musical como Calixto Bieito, Alberto Zedda ou Grigory Sokolov.

Máis información sobre as celebracións do centenario nesta web e sobre o Festival Mozart da Coruña no seu web e na nosa hemeroteca

A Sinfónica de Melide inicia unha xira que ofrecerá extractos das óperas máis coñecidas

Xénero: Clásica/Lírica | 20 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

“A forza do destino” de Verdi, “O barbeiro de Sevilla” de Rossini, a “Traviatta” de Verdi e “Carmen” de Bizet son as algunhas das óperas máis coñecidas. Todas elas forman parte do repertorio que a Sinfónica de Melide interpretará na xira que comeza o 21 de xaneiro no Auditorio de Santiago. Co patrocinio da Deputación da Coruña o “Gran Concerto de fragmentos de ópera” estará no Teatro Jofre de Ferrol (o día 22), no Pazo da Ópera da Coruña (o día 28) e na igrexa de San Francisco de Betanzos (29).

Máis información en Galicia Hoxe

O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio

Xénero: Folk | 17 / 1 / 2006 + VINCULO

disco_7338.jpg

A piques de cumprir trinta anos dentro do panorama da música popular, A Roda presenta o último proxecto da formación e que suporá o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título “A roda alalá adorA”, xúntanse doce temas que van desde a música folk-instrumental, ata a máis característica canción tradicional, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso. Baixo o seu título palindrómico o disco encerra unha filosofía especular que mantén nos seus textos entre os que hai un poema do escritor Gonzalo Navaza. Coa incorporación no repertorio do grupo de temas instrumentais A Roda fai deste traballo un punto de inflexión na súa longa traxectoria.

<< Inicio / Anterior . 3451 a 3460 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR