Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Palacio da Ópera da Coruña acolle a gala de homenaxe a Pucho Boedo que gravará a TVG

VINTE ANOS SEN PUCHO BOEDO

O Palacio da Ópera da Coruña acolle a gala de homenaxe a Pucho Boedo que gravará a TVG

POP | xaneiro 31, 2006

not_7415.jpg

Vinte anos despois do pasamento do cantante Pucho Boedo a televisión autonómica vai gravar un programa especial de homenaxe ao artista. O palacio da Ópera da Coruña acollerá o vindeiro domingo 5 de febreiro está gala na que participarán artistas como Miguel Ríos, que foi amigo do cantante, Deluxe, Paco Lodeiro, Uxía Senlle e Nancho Novo. Tamén actuarán as orquestras coas que Boedo cantou, Os Satélites e Os Tamara. A gala estará presentada por Xurxo Souto, eterno reivindicador do cantante do Ventorrillo, e Yolanda Vázquez. A entrada será de balde previa recollida da invitación na oficina do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos na Praza de Ourense.

Máis informaciónno sitio de Asociación de Veciños do Ventorrillo sobre Pucho Boedo