Ir ao contido directamente.


Noticias

Brais Monxardín faise co premio Constantino Bellón de gaita tradicional

Xénero: Folk | 3 / 9 / 2007

not_10337.jpg

Os cinco finalistas do premio Constantino Bellón, convocado polo Ateneo Ferrolán, tiveron que interpretar este venres pasado no Teatro Jofre de Ferrol dúas pezas, unha composta por Iván Costa e outra da súa propia creación. Ao final, o xurado escolleu ao gaiteiro da Fonsagrada Brais Monxardín como gañador da edición anual deste prestixioso certame. Monxardín levará un premio de 3.000 euros. O xurado tamén concedeu dous accésit: un para Daniel Lumbreras, procedente de San Sebastián, e outro para Pablo de Vigo.

Sobre o Premio Constantino Bellón na nosa hemeroteca; a noticia no Diario de Ferrol

Iván Ferreiro e Carlos Jean optan a levar cadanseu Grammy latino

Xénero: Rock | 30 / 8 / 2007

not_10540.jpg

A lista de candidatos aos premios Grammy Latinos conta un ano máis con nomes galegos. Desta volta o vigués Iván Ferreiro pode facerse co premio ao mellor álbum de rock vocal polo seu traballo “Las siete y media”. Pola súa banda, o ferrolán Carlos Jean ten a posibilidade de levar o galardón ao mellor produtor.

Máis información en Galicia Hoxe; lista de candidatos en Terra; máis información nos nosos arquivos

O Festival de Ópera da Coruña chega á súa 55 edición

Xénero: Clásica/Lírica | 23 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

O tenor Giuseppe Sabatini dará comezo este domingo á 55 edición do Festival de Ópera da Coruña. Canda a el, esta cita musical achegará aos escenarios herculinos representacións de “La Boheme” de Puccini, “Don Pasquale” de Donizetti, “A historia do soldado” de Stravinski, galas líricas e conferencias.

Máis información en Galicia Hoxe; o programa do evento no web de Amigos da Ópera; máis sobre o festival nos nosos arquivos

O grupo Sacha na horta gaña o certame A Polo Ghit co tema “Biocultivos”

Xénero: Miscelánea | 20 / 8 / 2007

not_9808.jpg

Logo de moito escoitar e votar, esta fin de semana fíxose público por fin o nome do grupo gañador da edición 2007 do certame A polo Ghit, que organizan a Radio Galega e Vieiros. “Biocultivos”, de Sacha na horta, foi a gañadora, seguida de “O Son do Son”, de Mordecáns e “Pinguinha”, de Amacuca.

Máis información en Vieiros

O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes

Xénero: Folk | 20 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Soutelo de Montes acolleu este sábado o IX Concurso de Música Tradicional Avelino Cachafeiro, considerado un dos máis prestixiosos do país. Pablo Devigo, de 17 anos e veciño de Castro Caldelas resultou gañador do certame. Canda a el, Óscar Ibáñez e o recente gañador do trofeo MacCrimmon, Edelmiro Fernández, ocuparon cadanseu posto no podio.

Máis información en La Voz de Galicia, e máis sobre o MacCrimmon nos nosos arquivos

A produtora Acontrabutaca estreará na Estrada a versión galega do musical “Robin Hood”

Xénero: Melódica | 17 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

O vindeiro 13 de outubro, A Estrada acollerá a estrea do musical “Robin Hood” en versión galega. Xosé Lueiro, promotor e director da iniciativa, anunciou que a súa produtora Acontrabutaca, adquiriu os dereitos para verter a obra ao noso idioma e que ten a intención de desenvolver unha xira por todo o país a partir do Nadal.

Máis información en Galicia Hoxe

Ouvirmos documenta a primeira gaiteira galega nos anos vinte

Xénero: Folk | 17 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Foi a estudar o pasado de Celanova para crear un itinerario histórico-musical que os investigadores da discográfica Ouvirmos deron coa pista da primeira gaiteira galega que se coñece. Áurea Rodríguez, directora do grupo As Marabillas de Cartelle conseguiu un grande recoñecemento durante a segunda década do século XX e visitou Madrid e Arxentina.

Máis información en La Voz de Galicia, no web de Ouvirmos e no noso tema sobre os Itinerarios

A soprano Laura Alonso presenta en Vilagarcía o seu terceiro disco en galego

Xénero: Clásica/Lírica | 14 / 8 / 2007

not_10487.jpg

Lua descolorida é o terceiro disco en galego da soprano Laura Alonso. Un concerto esta noite en Vilagarcía servirá para presentar esta obra, que inclúe obras do compositor Antón García Abril coma Canciones Xacobeas ou Cuatro Canciones Gallegas.

Máis información en El Correo Gallego e na nosa axenda de concertos

Brath, Cristina Pato ou GalegoZ son algúns dos grupos que reciben axudas á difusión do IGAEM

Xénero: Alternativa | 14 / 8 / 2007

imaxe non dispoñible

Os últimos traballos discográficos de sete grupos galegos van recibir axudas de entre 7.500 e 11.500 euros polas axudas o IGAEM á difusión. Máis concretamente, os elixidos foron Brath, Cristina Pato, Emilio Rúa, GalegoZ, Faltriqueira, Nordestin@s e Sete Saias, que poderán investir estes cartos en promocionar e publicitar os seus traballos.

Máis información no web do IGAEM

O galego Edelmiro Fernández Parada vence na XXII edición do Trofeo Mac Grimmon de gaita, en Lorient

Xénero: Folk | 7 / 8 / 2007 + VIDEO

imaxe non dispoñible

Considerado o galardón de gaita máis prestixioso no mundo, o Trofeo Mac Grimmon chegaba este ano á súa XXII no marco do celebérrimo festival Intercéltico de Lorient, en Bretaña. E foi un galego, Edelmiro González, o que se fixo co premio por terceira vez, o que o converte o músico que máis veces o levou. Canda a el, outro galego, Alberto Coya, quedou no terceiro posto. Estes premios sitúan os dous intérpretes entre os mellores do mundo no seu instrumento.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

<< Inicio / Anterior . 3181 a 3190 de 3538 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR