Noticias
Cinco bandas galegas optan aos Premios da Música Independente
Xénero: | 3 / 6 / 2010
Ata o vindeiro 15 de xuño está aberto o prazo de votación para os Premios da Música Independente, que organiza a Unión Fonográfica Independente. A música galega está representada nesta edición por cinco grupos, entre os que destaca Igloo, que con La transición de fase encabeza polo de agora as votacións no premio do público. Canda a eles Los Reyes del K.O. están como finalistas na categoría de Mellor Álbum de Música Urbana, mentres Abe Rábade, con Piano solo, e Lucía Martínez Cuarteto, con Soños e delirios compiten para ser o Mellor Álbum de Jazz. Pola súa banda, Nova Galega de Danza aspira, con Tradicción ao galardón de Mellor Álbum de Músicas do Mundo.
Lamatumbá hipnotiza
Xénero: | 3 / 6 / 2010 + VIDEO
Lamatumbá chega ás tendas co seu terceiro traballo. A órbita da banda hipnótica mantén nos seus catorce temas o estilo festeiro do grupo,que aposta nesta ocasión por se producir a si mesmo coa edición de Discmedi. Pedro, baixista do grupo, fálanos sobre este traballo, que poderemos escoitar este verán en festivais de todo tipo. Aínda que o grupo advirte que o sector está a notar a crise. Jorge Coira dirixe Logo chega o día, o primeiro videoclip deste álbum da banda ourensá.
Abre en Ferrol a sala Super 8
Xénero: | 2 / 6 / 2010
Muda o panorama das salas de concertos en Ferrol. Se o pasado día 29 fechaba Run Rum, logo de tres anos en marcha, o vindeiro venres 4 de xuño inaugúrase un novo espazo para música, proxeccións e actividades culturais en xeral. A sala Super 8, no número 223 da Rúa Real, arrinca a temporada de concertos cos berlineses The Magnificent Brotherhood o sábado día 5.
¿A música tradicional do futuro?
Xénero: | 2 / 6 / 2010 + VIDEO + AUDIO
Conseguir un estilo con identidade propia, pero cun pé no hip hop e outro na música tradicional galega. Este é a aposta que está a facer o coñecido rapeiro vigués El Puto Coke a través de Licor Kafé Producións. Un ambicioso proxecto que está en marcha e que amosará os seus resultados de cara á fin do verán.
O Xacobeo Classics estreará dúas obras de Roxelio Groba
Xénero: | 1 / 6 / 2010
Na suaviña e Na barca son das dúas series de cancións de Rogelio Groba que se estrearán no marco do ciclos Xacobeo Classics. A primeira delas será o día 18 de xuño en Mondaríz, mentres que a segunda será un día despois na Igrexa de San Francisco de Betazos. En ambos concertos, canda a estrea de Groba tamén se interpretarán pezas e Händel e Barber. Rogelio Gobra (Guláns, 1930) é máis prolífico dos compositores galegos e cumpre neste 2010, 80 anos.
As aventuras de Sir Tristán na aldea
Xénero: | 31 / 5 / 2010
Non todo na nosa música tradicional son cantigas sobre amor, sexo ou tarefas agrarias. Canda a eses e moitos outros temas, na memoria dos nosos antepasados atopamos temas fondamente entroncados na cultura europea. O Santo Grial, ou a historia de Tristán e Isolda están plenamente inseridos na nosa tradición musical, e revelan relacións temperás con Irlanda e Bretaña.
O XIII Cultura Quente traerá a Tricky, Ocean Colour Scene ou Johnny Winter
Xénero: | 28 / 5 / 2010
Esta mañá dábase a coñecer o cartel do XIII Festival Cultura Quente de Caldas, que se celebrará os vindeiros 16 e 17 de xullo. Tricky, Ocean Colour Scene, Johnny Winter, Clã ou The Raveonnettes son algúns dos grupos que encabezan o cartel desta edición. Canda aos concertos, celebrarase unha nova edición de Kaldarte que encherá de intervencións as rúas da vila e un amplo programa de actividades culturais que se desenvolverá ao longo de varias semanas.
O Noroeste Pop Rock non se celebrará este ano
Xénero: | 27 / 5 / 2010
A Coruña queda sen o seu grande festival este verán. O Noroeste Pop Rock non se celebrará este ano. Seguindo explicou o responsable do Instituto Municipal Coruña Espectáculos, Carlos González Garcés, a falta de fondos motivada pola crise económica e a coincidencia de datas co concerto de Damon Albarn en Oleiros están detrás da decisión de non celebrar a cita, que levaba cada ano concertos ás praias herculinas.
Moon Cresta xa teñen o seu segundo disco nas tendas
Xénero: | 25 / 5 / 2010 + VIDEO
Para a gravación do seu segundo disco The sparkling radiostars & their lunatic orcresta os vigueses Moon Cresta desprazáronse ata California para traballar nos esutdios Radiostar coa produtora Sylvia Massi, en cuxo currículo conta colaborar con bandas coma The Black Crowes, REM, Aerosmith ou Red Hot Chilli Peppers. Do seu traslado trouxeron este disco con dez temas en inglés nos que a banda mantén a súa persoal aproximación ao rock e o funk a través dunha coidada composición e unha interpretación poderosa. Un traballo que confirma a particular visión do seu estilo denominado "power & funk" con cancións coma "Be real", "Leave them alone" ou "Hard Railway", pero que tamén explora novas linguaxes expresivas en temas coma "Burn", "Infatuation" o "Long way from home".
A música contemporánea galega chega ao CGAC
Xénero: | 25 / 5 / 2010
Cando Miguel von Hafe presentou a programación do CGAC para este 2010, destacou a a importancia de numerosos encontros que achegan outras disciplinas como a música, o audiovisual, os cursos de formación e as actividades. A piques de rozar o ecuador deste ano, chega ao CGAC Os nosos compositores, perspectivas de ensemble, o ciclo que fai un percorrido pola música contemporánea composta en Galicia. A sesion de hoxe (e segunda) está dedicada a Rogelio Groba, un dos compositores máis prolíferos, Juan Durán, Manuel Balboa e Carlos García-Picos. Despois do concerto, a xornada contará cun debate aberto co público.


