Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cinco bandas galegas optan aos Premios da Música Independente

IGLOO ENCABEZA AS VOTACIóNS AO PREMIO ESPECIAL DO PúBLICO

Cinco bandas galegas optan aos Premios da Música Independente

MISCELáNEA | xuño 3, 2010

imaxe non dispoñible

Ata o vindeiro 15 de xuño está aberto o prazo de votación para os Premios da Música Independente, que organiza a Unión Fonográfica Independente. A música galega está representada nesta edición por cinco grupos, entre os que destaca Igloo, que con La transición de fase encabeza polo de agora as votacións no premio do público. Canda a eles Los Reyes del K.O. están como finalistas na categoría de Mellor Álbum de Música Urbana, mentres Abe Rábade, con Piano solo, e Lucía Martínez Cuarteto, con Soños e delirios compiten para ser o Mellor Álbum de Jazz. Pola súa banda, Nova Galega de Danza aspira, con Tradicción ao galardón de Mellor Álbum de Músicas do Mundo.