Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A música contemporánea galega chega ao CGAC

INSíRESE NO MARCO DE ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO TALLER ATLáNTICO CONTEMPORáNEO

A música contemporánea galega chega ao CGAC

MISCELáNEA | maio 25, 2010

imaxe non dispoñible

Cando Miguel von Hafe presentou a programación do CGAC para este 2010, destacou a a importancia de numerosos encontros que achegan outras disciplinas como a música, o audiovisual, os cursos de formación e as actividades. A piques de rozar o ecuador deste ano, chega ao CGAC Os nosos compositores, perspectivas de ensemble, o ciclo que fai un percorrido pola música contemporánea composta en Galicia. A sesion de hoxe (e segunda) está dedicada a Rogelio Groba, un dos compositores máis prolíferos, Juan Durán, Manuel Balboa e Carlos García-Picos. Despois do concerto, a xornada contará cun debate aberto co público.