Noticias
Quiosco: Raigame 51
Xénero:
| 7 / 2 / 2025A sede da Deputación de Ourense acollía este 2 de febreiro a presentación do número 51 da revista Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. A publicación que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Deputación de Ourense lembra nesta entrega o cincuentenario do falecemento do fotógrafo José Suárez. O creador protagoniza un artigo no que Xosé Luis Suárez Canal e Mercedes Rozas repasan diferentes exposicións que protagonizou ao longo da súa vida.
Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'
Xénero:
| 5 / 2 / 2025'Pub rock' é o tema que abre o novo álbum dos veteranos Ruxe Ruxe e tamén é o nome da xira de presentación do disco, que xa arrincou e ten varias datas por diante. 'Xabral' (Luneda, 2025) é o décimo cuarto disco da banda de Aríns. Trece temas de rock&roll con sabor a clásicos todo eles e que de seguro ofrecen a oportundiade de facer uns directos contundentes. Desta volta, de novo, producidos, e gravados, polo produtor vasco Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu) nos estudios Garate (Gipuzkoa-Euskadi) coidando extremadamente cada canción nunha aposta polo son máis orgánico, auténtico e rockeiro da da banda.
Mariagrep move as noites de baile co seu novo disco
Xénero:
| 31 / 1 / 2025Mariagrep, nome artístico de María Gallego Román, asina o seu segundo traballo longo en solitario 'Mariagrep Is not a crime' , tras aquel 'Si un día...' (Raso estudios, 2021) e tras outros EPs. A artista, que tamén forma parte de bandas como Grande Amore e Coolnenas, manten a súa boa sintonía con Raso estudios, a discográfica ferrolá que cumpre dez anos conformando un catálogo con algunhas das propostas máis interesantes da electrónica galega. O novo disco de Mariagrep entra nos ritmos máis nocturnos de pista de baile, inspirada xustamente nesas noites de festa coas amigas
As Residencias Mariñán chegan á súa terceira edición
Xénero:
| 28 / 1 / 2025Ata o vindeiro 14 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as III Residencias Artísticas Mariñán. A Deputación da Coruña daba a coñecer este 28 de xaneiro as bases do programa, que mantén o seu formato e apoiará o desenvolvemento de catro proxectos do ámbito musical e outros catro do campo da literatura e do pensamento.
Terbutalina anuncia unha pausa indefinida na súa carreira
Xénero:
| 23 / 1 / 2025O grupo Terbutalina despídese dos escenarios logo de quince anos de actividade. A banda de Esteiro anunciaba este 22 de xaneiro nas súas redes sociais unha parada de duración indefinida na súa actividade.
A banda da Loba volta con Lovismo
Xénero:
| 20 / 1 / 2025Co amor nas súas múltiples formas de expresión ("o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso...") como eixe, A banda da loba lanzaba este 17 de xaneiro Lovismo, o seu quinto traballo de estudio. Os once temas do álbum chegan da man de Seispés Producións Creativas e foron gravados nos estudios Abrigueiro.
9Louro inicia a súa carreira musical con Nove noves
Xénero:
| 15 / 1 / 2025O muradán Martín Louro 9Louro comeza súa carreira no mundo discográfico con Nove noves. Os nove cortes do álbum amosan a variedade de estilos que manexa dentro do ámbito da música urbana este mozo de vinte anos.
Xabier Díaz reivindica o legado das cantareiras publicando medio cento de vídeos de recollidas
Xénero:
| 10 / 1 / 2025Xabier Díaz implícase de cheo coa homenaxe que este ano o Dia das Letras galegas fai á cantareiras e comezará desde este venres a publicar cada semana nas súas redes sociais unha serie de vídeos das súas recollidas da música tradicional e o patrimonio oral. Serán en total 54 entregas, correspondentes a traballos seus de investigación e recollida levados a cabo durante 22 anos, entre 1989 e 2011. Estes máis de medio cento de vídeos son tan só unha escolma dun enorme traballo que fixo que inclúe máis de 500 gravacións levadas a cabo nas catro provincias galegas e tamén en zonas limítrofes de Asturias, Zamora e León. A primeira entrega será un vídeo gravado en 1989 na parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén. E no que as irmás Rosa e Aida Garrido, interpretan o 'Canto de sachar o millo'
A RAG abre no seu web o espazo do Día das Letras 2025
Xénero:
| 3 / 1 / 2025Cunha presentación a cargo de Ana Boullón e a tribuna "Cantar para gañar galegofalantes" de Antón Santamarina, a Real Academia Galega acaba de abrir o espazo web do Día das Letras 2025. A xornada dedícase neste ano "á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Eva Castiñeiras, de Muxía, e Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas tres das Pandeireteiras de Mens (Malpica)".
Baiuca enche catro xornadas seguidas a Sala Capitol
Xénero:
| 3 / 1 / 2025A xira de presentación de "Barullo" (Raso Estudio, 2024), o terceiro disco de Baiuca, pasará por Santiago de Compostela marcando un fito. O que ía ser inicialmente unha única sesión foi ampliándose a medida que voaban as entradas e finalmente serán catro xornadas seguidas, entre o xoves 23 e o domingo 26 de xaneiro, os días nos que Baiuca repetirá cada día o seu espectáculo na Sala Capitol. Se ben as entradas para as tres `primeiras datas esgotáronse rapidamente, non foi ata as últimas horas do 2024 cando tamén voaron as do día 26. Segundo fontes da sala pasarán por alí nestas catro sesións ata tres milleiros de persoas a ver o espectáculo que o proxecto do artista de Catoira, Alejandro Guillán, presenta co seu terceiro disco de estudio. Avalado polos tres premios MIN que recolleu este ano e polo éxitos dos seus anteriores traballo scos que percorreu o mundo na súa mestura de música tradicional e electrónica, Baiuca é capaz de atraer todo tipo de públicos á súa proposta.