Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Zona da Zanfona celebra a súa vixésima edición en Arzúa
Xénero:
| 14 / 11 / 2024Logo de desaparecer da axenda de Rianxo no último verán, o encontro Zona da Zanfona trasládase a Arzúa para celebrar a súa vixésima edición. O festival dedicado ao instrumento de corda continúa a súa andaina organizado por aCentral Folque co apoio do Concello e o patrocinio da Deputación da Coruña.
O mundo da gaita reúnese en Poio
Xénero:
| 23 / 10 / 2024Este vindeiro domingo, 27 de outubro, o mundo da gaita galega ten unha cita imprescindible en Poio. O Pazo de Besada da localidade pontevedresa acolle a que será a quinta edición de O Son da Gaita, un encontro ao redor deste instrumento tradicional que reúne solistas, formacións, artesáns e investigadores. A Asociación Cultural Pai da Cana organiza este evento polo que ao longo da mañá pasarán tres agrupacións (Ventureira, Picuiña, @s Folieir@s) e cinco solistas (Pedro Lamas, Pablo Carpintero, José Manuel Mojy, Sabela Olivares e Ivan Costa) de toda Galicia e acollerá tres presentacións, incluíndo un obradoiro de instrumentos a cargo de Oli Xiráldez. A xornada terminará cun xantar foliada. A asistencia (agás o xantar) é de balde con reserva previa.
A Coral De Ruada leva o Premio Otero Pedrayo
Xénero:
| 15 / 10 / 2024A histórica Coral de Ruada foi recoñecida este 14 de outubro co Premio Otero Pedrayo, que outorgan a Xunta e as catro deputacións provinciais. O xurado do galardón outorgoulle o premio a esta agrupación "pola súa traxectoria de máis dun século levando a música tradicional galega a grandes festivais nacionais e internacionais e tamén polo seu labor na promoción de actividades de formación de teatro e da escola de música".
A AELG recoñece a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria
Xénero:
| 14 / 10 / 2024A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo Camiño Noia Campos e mais o folclorista, coreógrafo e investigador Henrique Peón Mosteiro (Quique Peón) acaban de ser recoñecidos cos premios Mestre e Mestra da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG).
Falece a cantareira Xosefa de Bastavales aos 92 anos
Xénero:
| 2 / 10 / 2024Josefa Juncal Barreiro naceu en Tordoia en 1932 e morreu hoxe en Bastavales (Brión) aos 92 anos. A súa parroquia de adopción converteuse nun momento dado no seu apelativo máis coñecido como cantareira e pandereteira cando grazas a unha relación xurdida de xeito casual con Manu Chao comezou a colaborar co artista galego-francés ata o punto de acompañalo en concertos por Francia e Barcelona cano ela xa tiña máis de 70 anos. Múltiples foron as súas aparicións en programa da TVG, dedicándolle incluso un monográfico do Alalá. A súa casa en Brión foi lugar de reunión de músicos galegos que ían inspirarse nela, auténtica posuidora dun don para a música na que foi autodidacta, e como representante dunha tradición de cantareiras e pandereteiras.
O IV Celme da Zanfona reivindica en Lugo o legado dos cegos cantores
Xénero:
| 13 / 9 / 2024O Centro de Artesanía e Deseño, en Lugo, acolle ata o vindeiro 15 de setembro a cuarta xeira de Celme da Zanfona. Este ciclo dedicado ao instrumento tradicional de corda céntrase nesta ocasión no legado dos cegos cantores, aos que a organización cualifica como "portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media". A Vicepresidencia da Deputación Provincial corre coa organización deste encontro anual.
Nace a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras
Xénero:
| 9 / 7 / 2024Co obxectivo de "cubrir o baleiro asociativo, e polo tanto político" que sofren as intérpretes de percusión tradicional galega, este 8 de xullo presentábase nas redes sociais a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras.
Medalla Castelao para as pandeireteiras Leilía
Xénero:
| 18 / 6 / 2024O Consello da Xunta aprobou onte a concesión das Medallas Castelao da comunidade deste ano. Entre os cinco nomes que recibirán esta distinción está o da formación Leilía, que o pasado ano anunciou o fín da súa actividade artística tras 34 anos sobre os escenarios. No anuncio, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a característica de "pioneiras" do conxunto de pandeireteiras na promoción do folclore galego e o feito de que "abriron camiño a moitos que artistas e agrupacións que viñeron detrás". A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual. A gala de entrega celebrarase o vindeiro 28 de xuño, coincidindo co aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao. Xunto a Leilía imporáselles outras medallas a o deportista Borja Golán, o empresario Amancio López Seijas, a activista Maite Isla e a Asociación de Médicos Galegos (Asomega). A formación musical conformada por Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez recibiu o pasado ano o Premio Opinión Andaina Senlleira á súa traxectoria de 34 anos e cinco discos.
Unha homenaxe o 12 de xuño lembrará a Dorothé Schubarth
Xénero:
| 5 / 6 / 2024O Museo do Pobo acollía na mañá deste 5 de xuño a presentación do acto de homenaxe que esta entidade, canda ao Consello da Cultura e o Instituto da Lingua Galega, lle van tributar a Dorothé Schubarth. A actividade, que "pretende ser un convite á festa e ao baile" será aberta a toda a cidadanía e pretende recoñecer "o papel central que a musicóloga e compositora suíza representou para a música tradicional galega", segundo explican as entidades convocantes, un traballo que a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, cualificou como "titánico e xeneroso".
Sondeseu presenta este venres o seu novo espectáculo 'Entreterras'
Xénero:
| 20 / 5 / 2024Un fío sonoro para tecer un "meridiano invisible" entre Galicia, Portugal e Canarias a través das músicas de raíz é o concepto do nace "Entreterras", o novo proxecto escénico da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu, no que se acompaña de tres artistas comprometidos respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios: a galega SÉS, o portugués Daniel Pereira e o canario Hirari Afonso. Compartindo con eles os escenarios estará o medio cento de músicos que conforman o corazón dunha orquestra única en Galicia que, baixo a dirección de Xaquín Xesteira, conta con nove seccións instrumentais: arpa céltica, buzuqui, canto, contrabaixo gaita, percusión, requintas, violín e zanfona. "Entreterras" estrearase este vindeiro venres, 24 de maio, no Teatro Afundación de Vigo e poderá verse despois o domingo 2 de xuño no Pazo da Cultura de Narón.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos