Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Deseqilibrio Mental presenta Séculos Escuros
Xénero: | 17 / 2 / 2015
Catro anos logo do lanzamento de Con Q sen U, Deseqilibrio mental presenta o seu segundo traballo, Séculos Escuros. O grupo de metal rock continúa a apostar polo galego e por letras comprometidas nun álbum que se ten como eixe os tempos que estamos a vivir. O proxecto preséntase en tres partes, da cales a primeira, con cinco temas, está xa dispoñible en formato físico e dixital. O álbum gravouse en Pousada Son e sae editado baixo o selo Lobicán Records
Los Suaves adiantan datas da súa xira de despedida
Xénero: | 5 / 2 / 2015
La música termina é o lema co que o grupo ourensán Los Suaves presenta a súa xira de despedida. Aínda sen data prevista de remate, o conxunto adianta datas do que será o seu último tour, no que se interpretarán clásicos e novos temas en recitais cun repetorio dunhas 24 cancións na que aseguran será "a mellor xira da nosa vida". Ademais, adiantan tamén que se gravarán algúns dos concertos, logo de case 35 anos de carreira musical.
Chega Enki desde Babilonia
Xénero: | 22 / 1 / 2015
José Barros, coñecido polo seu traballo en Dismal, presenta Enki, a súa nova formación. Acompañado de Alber Sanmiguel, Kin Gamallo e Yago Maga o novo proxecto acaba de publicar na rede <The Gardens of Babylon, o seu primeiro traballo. A experimentación dentro do metal, con refráns potentes e guitarras traballadas caracterizan os trece temas de carácter sombrizo que se inclúen no traballo.
Recoñecemento a discreción
Xénero: | 13 / 1 / 2015
Grupos musicais a facer versións, textos de Xurxo Souto, Uxía ou Josito Porto entre outros, un web, unha festa. Manuel Seixas converteuse estes días, sen o saber, no foco dunha mobilización na nosa cultura. Un grupo de xente reuniuse para renderlle unha homenaxe sorpresa polo seu traballo como escritor, músico e activista cultural. O proxecto Sonhando con Seixas segue aberto e chega nun momento no que o autor prepara novas iniciativas.
O Resurrection Fest celebrará 10 anos por todo o alto
Xénero: | 18 / 12 / 2014
Viveiro acollerá entre os vindeiros 16 e 18 de xullo o maior Resurrection Fest da historia. Un total de 48 bandas, encabezadas por nomes míticos como Korn, Mötorhead e Refusen (as dúas últimas na súa única actuación no Estado) celebrarán os dez anos do festival. Canda a estes, o evento contará con nomes de peso na escena internacional do metal e do hardcore como Satanic Surfers, Black Label Society, Children of Bodom, Cannibal Corpse, Fear Factory, Backyard Babies, D.R.I. ou Comeback Kid. As entradas están xa á venda no web do festival.
You Dog!! chega con puro rock desde Vigo
Xénero: | 18 / 11 / 2014
Logo de cinco anos de carreira e de completar unha exitosa campaña de crowdfunding, o grupo vigués You Dog! autoedita o seu primeiro LP. Co hard rock como bandeira, e influencias de clásicos dos anos 60, 70 e 90, o cuarteto presenta dez temas en inglés nos que as guitarras e os ritmos contundentes teñen todo o protagonismo. O vindeiro 13 de decembro a cervexaría Miguel da Cidade Olívica acollerá o concerto co que se inaugura a xira de presentación.
Los Santos atacan con Mátame camión
Xénero: | 12 / 11 / 2014
Presentado como "un disco conceptual sobre a figura da muller galega contemporánea do século XXI", o grupo de Sada Los Santos acaba de presentar Mátame camión. O humor máis irreverente e o sarcasmo predominan no segundo traballo da formación, que nos seus trece temas dentro do rexistro do punk rock, cunha mestura de estilos que van do rockabilly ao garage. O disco amosa tamén un curioso achegamento á música tradicional con A cona cantareira, single de presentación do traballo.
Os Novos chegan como veteranos do punk-rock
Xénero: | 27 / 10 / 2014
Unha nova banda compostelá, Os Novos, acaba de presentar o seu primeiro lanzamento. Nom Lugar chega da man de Lixo Urbano con sete temas cheos de carraxe, xogos vocais e guitarras de grande potencia nos que o trío amosa claramente a súa bagaxe punk-rock. Segundo explica o grupo na súa presentación, o grupo é "umha besta tricéfala que fai música para escuitar com os punhos fechados, com raiva, fazendo força até esmagar os dedos, rinchando nos dentes e maldizendo baixo um céu cinzento sempre a piques de esboroar-se". O álbum, gravado nos Estudios Soyuz e coa produción de Mike Mariconda en Sonic Boom Room sae á venda cunha dupla edición en digipack e mais en formato Vinilo de 10" máis un CD. O álbum tamén se pode escoitar en Bandcamp e nos diferentes concertos que o grupo ten previstos ao longo deste outono.
Wild Balbina presenta Sisters before misters
Xénero: | 17 / 9 / 2014
Logo de visitar a pasada Semana Carballiño e mais Compostela, os vigueses Wild Balbina continúan a xira de presentación do seu último traballo. Sisters before misters achega sete temas de rock sesentero con aires garage e punk da man de Antía Figueiras, Marta González, Guille Zapata e Miguel Bianchi. O volume está dispoñible de balde en bandcamp ou pode adquirise nunha edición en vinilo. A vindeira cita para coñecer Sisters before misters será o vindeiro 26 de setembro no Playa Club da Coruña e o 27 no Bar Labranza de Bueu.
Óscar Avendaño y Los Profesionales voltan con Demasiado oro
Xénero: | 8 / 8 / 2014
Desde comezos deste verán Óscar Avendaño y Los Profesionales están a presentar o seu segundo disco. Demasiado oro achega dez novos temas nos que a banda mantén o seu estilo achegado ao rock dos anos setenta. Oscar Avendaño, Indy Tumbita, Xabier Vieitez, Mauro Comesaña e Alberto Rodriguez, Membros de bandas como Siniestro Total, Transilvanians, Pedrito Diablo y Los Cadáveras ou The Soul Jacket fan parte deste proxecto. A banda organizou unha campaña de crowdfunding coa que acadaron 5.230 euros para editar este proxecto,
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música


