Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Vörtex consolida a súa carreira con Architects of Misfortune
Xénero:
| 31 / 1 / 2017Jacobo Sainz, Víctor García, Marcos Rodríguez e Jonathan Portela, Vörtex, continúan no seu camiño para se facer un oco no mundo da música desde Pontevedra. Dous anos despois do seu debut discográfico, acaban de presentar Architects of Misfortune. O volume recolle doce novos temas de metal alternativo no que mesturan influencias, toques de trash con momentos melódicos, e que ven a luz logo dunha exitosa campaña de crowdfunding. O álgum foi gravado por Iago Pico nos estudios Pousada de Ames.
Talésien marca co seu cuarto disco un novo inicio
Xénero:
| 25 / 1 / 2017Pasados catro anos desde o seu anterior LP , El Silencio , a banda de metal Talésien tiña xa temas preparados dabondo para un novo traballo e puxéronse a gravalo mentres iniciaban unha campaña de crowfunding a través da plataforma Verkami para acadar o financiamento necesario para rematar a produción do traballo e afrontar os gastos da súa edición e distribución. A campaña sobre pasou a cantidade consignada e o seu traballo puido ver a luz. Talésien é o traballo da banda, o nome homónimo, pouco habitual para un traballo dunha formación con esta traxectoria responde a unha reafirmación do grupo e o seu estilo e tamén a un novo inicio con forza e ganas renovadas. Aínda que presentado oficialmente o pasado mes de outubro no seu formato físico, non foi ata o pasado decembro cando o disco estivo dispoñible no formato dixital a través de todas as plataformas. Segundo a banda este á o seu disco máis traballado, completo, complexo, técnico e elaborado en el ofrecen un son máis fresco e actual, progresivo e melódico, máis grande e ambicioso. Once temas conforman o disco que se distribúe baixo o selo Suspiria Records, gravado, mesturado e masterizado, por Iago Pico nos estudios Pousada Son de Ames.
O festival A Candeloría xa ten cartel completo para a cuarta edición este febreiro
Xénero:
| 23 / 1 / 2017O festival A Candeloria dará o vindeiro 17 de febreiro inicio á tempada de festivais musicais. O evento que se celebrara os días 17 e 18 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrará a súa cuarta edición reunindo quince banda de rock entre as que hai maioría de propostas galegas pero tamén hai outras que veñen de Italia, Euskadi, Madrid ou Valencia. Á cabeza deste extenso cartel está, os italianos Talco, Soziedad Alkohólika e os valencianos Aspencat. Ruxe-Ruxe, Dakidarría os asturianos Desakato e os vascos Lendakaris Muertos compoñen a segunda liña. Oito bandas máis, ameirande delas galegas completan o programa que tentará reunír máis de catro milleiros de persoas eses días . O bono anticipado por 26 euros para os dous días xa está a venda en tendas físicas e na plataforma dixital entradasatualcance.com.
Moon Cresta presentan o seu terceiro disco Moonary
Xénero:
| 9 / 12 / 2016A banda viguesa Moon Cesta presentará este sábado ás 13 horas nunha sesión vermú no Patio de Bouzas da súa cidade o que é o seu terceiro disco Moonary. Máis de seis anos pasaron desde o seu segundo disco The sparkling radiostars & their lunatic orcresta e nesta ocasión o grupo buscou levar a cabo un álbum concibido como unha colección de `singles´ xa que recolle o percorrido que a banda fixo por 9 estudos da xeografía galega con 9 produtores diferentes, gravando en cada un a idea máis recente na que estaba traballando. Deste xeito, cada peza ofrece un momento creativo distinto dentro dun proceso que culmina nesta colección de cancións. Algunhas das pezas que compoñen este collage sonoro xa foran estreadas nestes anos en forma de `videosingles´ que o grupo foi colgando na rede e interpretando en directo, pero outras verán a luz con este lanzamento. O disco ademais supón a fichaxe dio grupo polo selo Rock Estatal Records. Durante esta presentación do sábado poderá adquirirse xa o disco, que sairá en tendas o vindeiro día 12, así como as entradas para o seu primeiro concerto de presentación que terá lugar na Sala Masterclub de Vigo o vindeiro 28 de xaneiro. Nos dez temas do disco a banda mantén o seu estilo entre o rock giuitarreiro, a psicodelia e o funk.
Vinte anos que pasaron como vinte segundos para Ruxe Ruxe
Xénero:
| 30 / 11 / 2016Tras vinte anos na escena musical como referentes do punk rock en galego os Ruxe Ruxe nin se oxidaron nin pensan desaparecer, de feito para eles todo este espectacular devir musical con 11 albumes propios editados pasoulles tan rápido que transformaron os anos en segundos no título deste novo disco de celebración do aniversario, que deron en chamar 20" . Como no seu primeiro disco Ruxe Ruxe (1999) no novo LP recuperan para a portada a imaxe dun centolo, máis vizoso aínda que o primeiro e desta vez armado cun cartucho de dinamita, deixando claro que non renuncian ás súas características distintivas orixinais de rock combativo , rock do país de corpo a corpo directo e emocional. Segundo apuntan no libreto do CD " 20" son unha nota do caderno dos días que arden entre cascallos, historias e latexos". 20" ofrece quince temas e dous 'extras' ou 'estalos' como eles os denominan entre os que se inclúe o tema Non temos medo do seu segundo LP do mesmo nome (2000).
No Lérez tamén se fai surf en inverno
Xénero:
| 17 / 11 / 2016O festival pontevedrés Surfing the Lerez inaugura esta fin de semana a primeira das súas edicións de inverno. A cita musical de música rock da capital provincial víñase celebrando ata o de agora unicamente nas datas de verán en na Illa das esculturas, no río Lérez, pero este ano engádelle tamén por vez primeira unha edición invernal que durante dous fins de semana encherá a Sala Karma de concertos. Este venres 18 a veterana banda Sex Museum abrirán o programa e haberá concertos tamén o sábado a cargo de Julián Maeso e do grupo The Hellbuckers. O festival manterase a semana que ven comezando o xoves cun concerto gratuíto no espazo El Pequeño Karma a cargo de Los Wawy Gravies e seguirá tamén o sábado e domingo coas actuacións en cabeza de El Twangero e Los Vinagres. No cartel tamén están bandas galegas como Thee Boas, Gold & Colt, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Flip Corale, Glitter & Litter para asegurarse que o crocodilo do Lérez non deixe de moverse nin en inverno.
Guerrera presenta o seu terceiro álbum
Xénero:
| 14 / 11 / 2016Dous anos despois do seu Mauna Loa, Guerrera presenta o seu terceiro álbum, que bautizou co seu propio nome. A revista Rockdelux ten dispoñible desde hoxe para escoita en streaming o novo proxecto, no que o grupo galego achega catro novos temas. O vindeiro 18 está previsto o lanzamento da edición física, nun duplo LP. Arden cruces muertas, Mecánica certeza, Calixe e Abakuá son os títulos cos que o cuarteto amosa que está en plena forma e que continúa a súa aposta pola psicodelia, nesta ocasión a render homenaxe ao poeta Milton. O grupo visitará Compostela o vindeiro 19 de novembro para presentar este traballo no marco da festa Mataparty. A maiores, prevé concertos en Pontevedra (9 e 10 de decembro), A Coruña (16 e 17), Vigo (30), Ourense (13 de xaneiro) e Lugo (14).
Familia Caamagno competirá no festival SUNS Europe de linguas minoritarias
Xénero:
| 9 / 11 / 2016A banda Familia Caamagno coa canción Lausanne (on my mind) tomará parte na final competitiva do festival SUNS Europe 2016 o vindeiro tres de decembro en Udine (Italia). Outras nove propostas musicais competiran cos músicos galegos neste festival dedicado á música en linguas minoritarias de Europa. O festival é un punto de encontro e intercambio entre artistas, linguaxes e comunidades usando cadansúa lingua en creacións musicais, audiovisuais ou literatura. Lausanne (on my mind), canción extraída do seu Mini LP Para unha vez que saímos (Lixo Urbano, 2016), foi a peza elixida pola irreverente banda de Sigüeiro para participar neste festival.
Aphonnic continúan Indomables
Xénero:
| 7 / 11 / 2016Superar os 15.000 euros nunha campaña de crowdfunding que só pretendía recadar 10.000 amosa o apoio que suscita Aphonnic entre os seus fans. O grupo presenta, como resultado esta iniciativa Indomables, quinto traballo xa dos vigueses, que continúa a apostar por un rock enérxico e visceral. A banda achega once novos temas onde non faltan cancións con vocacións de himno como Ombligos, propostas nas que se atinxen novas cotas de enerxía como o tema Fruta fresca ou achegamentos á electrónica como La deseada. O proxecto gravouse nos Estudios Mafia do Carballiño e sae á luz da man de Maldito Records tanto en formato físico, a incluír edición en LP, como dixital.
Falece Tabe, baixista de Zënzar
Xénero:
| 3 / 11 / 2016Logo de seis meses de enfermidade, José A. Regueiro "Tabe", baixista do grupo Zënzar, falecía na mañá de onte, 2 de novembro aos 52 anos de idade. Membro fundador da banda decana do rock galego, Tabe iniciara o seu labor musical nos anos oitenta coa súa participación en Átomo, e desde aquela desenvolveu unha intensa carreira durante tres décadas. O pasado mes de decembro de 2015 daba o seu último concerto en Ourense nun recital no que tamén participaba Ruxe Ruxe. Nos últimos meses Laura Romero ocupara o seu posto nos directos de Zënzar. A morte do músico está a suscitar abondosas reacción de dor no ámbito musical do país.
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música