Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Xunta organiza un congreso para pór en valor a figura do compositor do himno galego
A Xunta organiza un congreso para pór en valor a figura do compositor do himno galego
febreiro 23, 2007
No 2007 cúmprense cen anos da interpretación do que despois se consideraría como Himno galego. Con texto de Eduardo Pondal, o autor musical foi Pascual Veiga (Mondoñedo, 1842- Madrid 1906), que viu como toda a súa produción musical quedaba ensombrecida polo Himno. Para dar a coñecer a súa biografía e o seu traballo a Xunta, a través do IGAEM, acaba de organizar un congreso. A cita será do 1 ao 3 de marzo na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago.
Máis información no web do Congreso e sobre as actividades de celebración no web da Consellaría de Cultura
Tamén che pode interesar:
- 18/ 2/ 2008 | A primeira partitura do himno galego é de 1906
- 21/ 12/ 2007 | Rogelio Groba e Rudesindo Soutelo cobran os dereitos de autor do himno galego oficial
- 2/ 3/ 2007 | O himno galego estreouse dez anos antes do que se pensaba
- 16/ 2/ 2007 | Congresos, mostras e concertos celebran o centenario do Himno Galego